Hoy los niñ@s llevaron el trabajo realizado durante el segundo trimestre. Seguro que les encantará enseñarlo y explicar todo lo que han aprendido. Con la Semana Santa hacemos un alto en el camino para recuperar fuerzas y prepararnos para la recta final del curso. Nos vemos el próximo martes día 2 de abril
Onte comezou a primavera e, coma dí o refrán: "O marzal varía sete veces no día", xa temos visto sol, vento, choiva, ...
Na clase celebrámolo escoitando a Vivaldi, bailando ao son e facendo debuxos alusivos ao tema. Xa todos temos claras cales son as características fundamentais da estación que vimos de estrear.
Hoxe os nenos de 4 e 5 anos asistimos a un concerto no Palacio da Ópera "Los colores de las cuerdas" a cargo do grupo Arco Iris formado por 3 violíns, 1 violonchelo, 1 viola e 1 contrabajo. Estivemos moi atentos e participamos cando era preciso. Foi realmente divertido achegarse deste xeito á música!!!
O VINDEIRO SÁBADO 23 ÁS 12:00 TERÁ LUGAR O CORRESPONDENTE CONCERTO EN FAMILIA, SE QUEREDES REPETIR A EXPERIENCIA COS VOSOS FILL@S.
Hoxe Iago apareceu no cole para contarnos uns contos moi divertidos dunha vaca, Linda, que non podía durmir e facía un montón de cousas para conseguilo. Os libros "Linda, á espreita" e "Josefina no podía dormir" están na biblioteca do cole.
Todos estivemos moi atentos ao que contaba e participamos activamente na historia. Gustounos moito, GRACIAS!!
Os nen@s de 3 anos visitamos o Acuario Finisterrae. Estabamos moi nerviosos porque esta era a primeira saída do cole e mesmo ir no autobús (e ser quen de poñer o cinto de seguridade) foi toda unha aventura.
Nesta ocasión acompañáronos as profes Mª Carmen, Elvira, Isabel, Mila e Mónica.
Portámonos moi ben e atendemos moito ao que nos foi contando a monitora do Acuario. Vimos distintos tipos de peixes, pulpos, anémonas, etc. Obsevamos e tocamos estrelas de mar e vimos cantos pés teñen para desprazarse,... son moitísimos!
Medramos tanto dende o inicio de curso que xa non tivemos medo da escuridade do Nautilus nen ao seu famoso tiburón touro.
Gastón veunos ver varias veces mentras cantabamos a súa canción.
As paredes cambiaban de cor, parecía maxia...
Non poidemos ir ver as focas porque chovía moito pero aínda así pasámolo moi ben.