viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Todo un éxito a celebración do día da paz de 2014, gracias a TOD@S!!!!!

 
 
 
Temos recadado no Mercado Solidario máis de 1.700 euros!!!!!!!!!!!!
 
 

miércoles, 29 de enero de 2014

MIRADAS AL MUNDO

Hoxe os de 4 e 5 tivemos unha sesión informativa a cargo da ONG Miradas al Mundo, na que nos explicaron como viven os nenos e nenas coma nós en Guinea Bisau, un dos países máis pobres da África. Decatámonos das diferencias que existen e do importante que é que xuntemos un pouco dos nosos aforros para lles mandar. Co recadado no noso Mercado do ano pasado fixéronlles un cole novo ao que van moi contentos!!!!

fixemos debuxos para os nosos "amigos da África"


cole construído coa nosa "axuda"


martes, 28 de enero de 2014

DIA DA PAZ

Como xa sabedes o vindeiro venres conmemoramos no cole o día da PAZ. Levamos días traballando o tema nas clases: facendo murais, falando, contando contos relacionados, ...
Para rematar faremos unha xornada especial na mañá do venres coa Chocolatada e o III Mercado Solidario que dará comezo coa participación de INFANTIL a partir das 10:40 h. aproximadamente, momento no que poderedes entrar no centro, se queredes, para acompañar aos vosos fillo/as.




Esperamos disfrutar dunha xornada solidaria vivindo o verdadeiro significado da palabra "PAZ".

domingo, 26 de enero de 2014

POMBAS DA PAZ

Xa estamos a facer os nosos traballos e murais relacionados coa celebración do día da Paz. Aquí podedes ver como van quedando:
3 anos

  

4 anos
            



5 anos


miércoles, 15 de enero de 2014

OS DE 5 IMOS TRABALLAR NO UNIVERSO

Ao longo do 2º trimestre deste curso traballaremos o tema dos planetas, as estrelas e constelacións, os astronautas, os cohetes e as estacións espaciais, ....
Sabemos moito do tema, pero queremos aprender moito máis, así que esperamos que podades acompañarnos nesta viaxe!

10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, 0 ....DESPEGAMOS!!!!!!



TEDES UN ENLACE Á DEREITA EN RECURSOS PARA XOGAR NO "SISTEMA SOLAR"