martes, 30 de septiembre de 2014

SOMOS OS DE 3 ANOS

Os de 3 anos xa estamos integrados na vida do cole, aínda que algunha lagrimiña escapa de cando en vez, .... é un proceso totalmente normal! Esperemos que pouco a pouco todo se vaia normalizando ....
Estamos a comezar a traballar o conto de CARAPUCHIÑA VERMELLA e o OUTONO, así que se tedes algo pola casa relacionado cos temas estaremos encantadas de recibilo e compartilo na aula. Graciñas!



jueves, 25 de septiembre de 2014

OS DE 4 TRABALLAMOS MOITO!

Os de 4 anos estamos xa de maiores no edificio de abaixo, e coma tal xa sabemos comportarnos na aula e seguir o ritmo diario do traballo do cole. Precisamente ese é o tema que estamos a traballar: "o cole". Xa temos feitas una morea de cousas, mirade:

paxaros con témperas, 4 anos


escoitamos o conto, 4 anos B



pegamos pegatinas, 4 anos A



traballamos nas fichas, 4 anos A


pintamos con pincel, 4 anos B

CANTAMOS .... CO PROFE ALFREDO

Os de 3 xa tiñamos coñecido ao profe Alfredo, pero dende agora todos os MÉRCORES virá polas nosas aulas para estar unha sesión na que cantaremos, experimentaremos cos instrumentos, bailaremos ou escoitaremos pezas musicais. Aquí vai una mostra do atentos e divertidos que estivemos con el.



lunes, 22 de septiembre de 2014

COOKIE IS HERE!!!!

Esta mañá tivemos a primeira xornada completa para os alumnos/as de 3 anos. Aínda que para algún foi longa abondo, tivemos una grande sorpresa xa que apareceu nas aulas a mascota que nos vai acompañar nas clases de inglés: "COOKIE". Desfrutamos moito cantando as súas cancións, bailando ao seu ritmo e vendo unha das súas historias. Aprenderemos moito inglés este curso coa profe Mila e máis Cookie!!!!!!!




viernes, 12 de septiembre de 2014

Adaptación 3 anos

Xa pasaron os primeiros días e tivemos tempo para moitas cousas: construccións, coches, contos, bicis, cancións... Para que teñades unha idea de cómo foi este tempo aquí vos deixamos unhas imaxes, non todo foron caras tristes e choros!!!


 
3 anos A, 2º turno






3 anos B, 1º turno
3 anos B, 2º turno


3 anos A, 1º turno

lunes, 1 de septiembre de 2014

Benvidos




Ola a tod@s!                                            
Xa estamos de volta e iniciamos xa o curso 2014-2015 con moitas ganas de traballar.
Lembrámoslles que as reunións cos titores serán o vindeiro xoves día 4 ás 10h. nas aulas correspondentes.

Queremos ademáis solventar un erro no listado de material entregado en xuño, xa que algunha clase non levou a información dos libros de inglés:
          3 anos    NON teñen libro
          4 anos    THREE IN A TREE A -Ed. Oxford (Classbook)
          5 anos    THREE IN A TREE B -Ed. Oxford (Classbook)