lunes, 29 de febrero de 2016

DESPEDIMOS ÁS ALUMNAS DE PRÁCTICAS

Gulia e Katia remataron hoxe o seu período de prácticas connosco. Imos botalas moito de menos porque nos axudaron nas clases e lles collemos moito cariño. Desexámoslles moita sorte aló onde vaian e dámoslles as gracias polo tempo compartido. Ata cando queirades!




jueves, 25 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN DA ANTIGUA ROMA
















Velaí a exposición que teñen montada en 5 anos:



Ademais traballaron o tema coa plastilina:

Carreras  de cuádrigas

Acueducto

Gladiador

Templo

Columna

Números

El Coliseo
Xa están a rematar co tema


miércoles, 24 de febrero de 2016

MÁIS PAN

Hoxe tocoulles facer pan aos nen@s de 4 anos A. 




  





Disfrutaron moito amasando... e ainda máis comendo! 

lunes, 22 de febrero de 2016

FIXEMOS PAN

Esta mañá os de 4 anos B fixemos uns boliños de pan que levamos para a casa con moita ilusión.
Primeiro de todo limpamos ben as mans e as mesas, logo observamos os ingredientes e escribimos as palabras, medimos e pesamos, para logo mezclalos. Despois as profes repartiron un anaquiño de masa a cadaquén para amasar cadanseu boliño. Puxemos o número da clase para identificalos e metémolos no forno 20 minutos. (Graciñas á AMPA que nolo prestou)
Comprobamos como ulía o pan ao sair do forno quentiño e xa só quedaba catalo: as profes repartiron unha proba e o boliño foi para casa.
Foi unha experiencia realmente interesante e todos rematamos moi contentos.

                    

 








Os de 4 anos A farán a actividades o vindeiro mércores.

domingo, 21 de febrero de 2016

A COCIÑA E OS ALIMENTOS

Enmarcado neste proxecto, os de 4 imos facer ao longo das vindeiras semanas varias receitas na escola: pan e máis bombóns.
Ademáis faremos pasta de sal para modelar, xa que os alimentos non sirven só para comer!
Precisaremos fariña, chocolate, sal, levadura fresca e lacasitos. Repartimos estes ingredientes, así que xa cada quen levou unha nota co que lle tocou aportar para compartir. 

viernes, 19 de febrero de 2016

MENINAS


Resultado de imagen de meninas de velazquez

En 4 anos están a traballar con unha das obras maestras da pintura universal: 
As Meninas de Velázquez. 
Coñecer o autor, as personaxes que aparecen representadas, identificar o nome, facer novas versións do cadro.... son algunhas das actividades que están a desenvolver na escola. 


Pero ademáis esta vez levaron "deberes" para a casa e nos corredores podemos ver a aportación  das familias: 
Meninas decoradas con goma eva, pincel, rotulador, lá, encaixe, tea, botóns, lentellas, etc... 
Toda unha mostra de imaxinación! 






Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

martes, 16 de febrero de 2016

A ANTIGUA ROMA ESTÁ NAS AULAS DE 5 ANOS

Os de 5 estamos a traballar no proxecto do imperio romano. Estamos a realizar moitas actividades, decorar as aulas, poñer os disfraces que apareceron na caixa máxica ... e escoitar con moita atención o que nos conta a profe Gulia que está aquí agora conosco pero realmente vive en Italia.
Xa sabedes que se tedes algo pola casa relacionado co tema agradecemos a vosa colaboración.









viernes, 12 de febrero de 2016

Visita ao MAC

Desta vez tocoulles o turno aos rapaces de 5 anos B: a mesma visita que fixo o grupo A o pasado xoves. Igualmente pasámolo moi ben mirando, escoitando, atendendo ás explicacións e participando nas actividades que nos propuxeron. É divertido aprender así!