martes, 21 de marzo de 2017

AGASALLOS PARA PAPÁ

Seguro que todos os papás estarán encantados cos agasallos sorpresa que vos tiñamos preparados.

 Aquí tedes unha mostra.

martes, 14 de marzo de 2017

CONCERTO

Esta mañá desfrutamos dun concerto na sala de cámara do Palacio da Ópera a cargo do grupo de corda "Arcos Iris". A través de diferentes pezas musicais fixemos unha viaxe polos distintos sentimentos: medo, alegría, tristura, sorpresa, ... 



martes, 7 de marzo de 2017

TEATRO

Os de 4 e 5 anos fomos á Afundación  para ver a obra de títeres "OSIÑO". Encantounos!



E o día 14 vamos de concerto!!!! (Palacio da Ópera, "Efecto Arcos Iris")

viernes, 3 de marzo de 2017

VIVA O ENTROIDO!


Resultado de imagen de dibujos de Entroido
A semana pasada foi moi intensa: ultimamos os nosos disfraces e disfrutamos a tope das festas.
O xoves o cole encheuse de superheroes, princesas, vaqueiros, indios, doutores, etc.

O venres foi o gran día, primeriro degustando a comida de festa que trouxeron da casa e despois desfilando con todo o cole polo barrio. Como fin de festa cantamos todos xuntos o Pirinpimpin.

O Pirimpimpin. Malvela


Moitas grazas a todos por acompañarnos nesta viaxe polas culturas do mundo