Páginas

lunes, 18 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

A pasada semana conmemorouse a semana da prensa.

Aproveitamos esta semana para falar do tipo de información que nos proporciona a prensa, as partes dun xornal en papel e tratamos de ler algunha nova. Tamén vimos o formato dixital dos xornais que temos na escola.

Na clase das Xirafiñas tivemos unha motivación extra, xa que un dos nosos papás é xornalista, así que buscamos o seu nome nas noticias do xornal.
Logo usamos as letras que aparecían nas distintas publicacións para poñer o noso nome, e para rematar tivemos uns minutos para xogar libremente coas páxinas dos xornais, que logo recollimos encestando na papeleira.
Un día moi completo como podedes ver!



En 5 anos, ademáis, atopamos novas sobre Greta Thunberg e as súas protestas e iso levounos a buscar información sobre o tema do efecto invernadero e as enerxías limpas ou renovables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!