martes, 26 de noviembre de 2013

SEMENTES

Hoxe a caixa máxica de 3 anos B trouxo un envase de iogur  e unhas sementes de cabaza. 
 
Tamén había unha nota que nos animaba a que as plantaran e puxémonos mans á obra.


A profe Teresa puxo un pouco de terra no fondo

Colocamos as sementes

Por turnos fomos tapando as sementes con terra


Agora só queda esperar.  Xa nos tarda velas medrar...

domingo, 24 de noviembre de 2013

PROFES EN PRÁCTICAS

Ao longo deste trimestre temos con nós dúas profes en prácticas, Alba e Tania. Están cursando estudios de Grao en Educación Infantil e comparten este tempo nas nosas aulas. Alba está coa profe Estrella en 5 anos A, e Tania coa profe Mª Carmen en 4 anos B, aínda que participan en actividades conxuntas, realizan tarefas en outras aulas e comparten o patio con todos nós.

 Así que se os vosos fillos vos falan delas non pensedes que cambiaron de profe, que non é o caso!





Tania conta o conto de "Serpi" 





Alba reparte os xoguetes da casa

martes, 19 de noviembre de 2013

Un almorzo especial.

Mimos, a mascota de 3 anos, trouxo froitas desta época do ano: mazás, peras, uvas, mandarinas, caquis e granadas. Observamos a súa forma, a cor, o seu interior ... e durante o almorzo fixemos unha degustación.
Ainda que algunha froita non a comen habitualmente, case todos os nen@s remataron o seu prato de proba e moitos repetiron.

                                                                

   
     
     Foi todo un éxito!

lunes, 18 de noviembre de 2013

SUMAMOS CON GARAVANZOS ....

Estamos a praticar sumas coa axuda de garavanzos. Todo vale con tal de comprender o concepto e obter bos resultados: dedos, pinturas, boliñas, ... Con garavanzos resulta moi divertido ...
Aínda que ás veces "escapan", vai moi ben manipulalos cos nosos dediños!
Mirade que ben:




miércoles, 13 de noviembre de 2013

MAGOSTO

O día 14 de novembro tivemos no cole a celebración do MAGOSTO.

Tivemos un montón de xogos tradicionais preparados para pasar unha xornada especial cos nosos alumn@s. E un montón de castañas para comer a fartar!!!!














MEDRAMOS MOITO .....

Os de 5 estamos a traballar o corpo, e un dos seus aspectos fundamentais é o crecemento, polo que os alumnos están traendo fotos de cando eran bebés e "xogamos" a adiviñar de quen se trata. Algunhas veces é moi fácil ... pero outras non tanto! Fixámonos nos rasgos da cara, se é neno ou nena, a cor do seu pelo (se o ten), .... E cando a foto era moi antiga decatámonos de que esa era .... unha profe!!!
Está sendo unha actividade moi divertida!
 
En uns días medirémonos para comprobar canto temos medrado. Seguro que os datos que temos recollidos do curso pasado xa quedan superados.
 
 
















No corcho da entrada do cole hai fotos de moitas das profes de infantil de cando elas eran pequenas .... a ver se sodes capaces de adiviñar de quen se trata...
 

TEMPO DE OUTONO ...