viernes, 18 de abril de 2014

CONCERTO: DE AQUÍ PARA ALÁ

Os de 4 e 5 fomos o pasado día 11 a un concerto no Palacio da Ópera titulado "De aquí para alá". Unha colorida bolboreta levounos nunha viaxe imaxinaria dende África, Cuba ata China ou Xamaica para chegar ao final do traxecto á nosa Galicia. Escoitamos, deste modo, melodías de diferentes lugares do mundo interpretadas con moi diversos instrumentos. Participamos con emoción e desfrutamos coa música.
Aquí vos deixamos un enlace para que vexades máis ou menos como foi:








lunes, 7 de abril de 2014

EASTER EGG HUNT

Hoxe tivemos unha clase de inglés moi especial. Ainda que nos adiantamos un pouco seguimos a tradición de buscar os ovos que o coello de Pascua nos agachou no xardín da escola.

A semana pasada fixemos unhas cestas de Pascua moi particulares e hoxe foi o momento de levalas á casa cos ovos de chocolate. 









domingo, 6 de abril de 2014

EASTER IS HERE!




Para ambientarnos en las tradiciones de Semana Santa del mundo anglosajón estamos utilizando en las clases de inglés canciones y vídeos relacionados con el tema.
Esos son una muestra:

Peppa pig: Spring
Dora Easter Day
Inside an Easter Egg
Easter basket maker

Happy Easter!

sábado, 5 de abril de 2014

OS DE 5 TRABALLAMOS O TREN ...

O derradeiro proxecto a traballar para os alumnos de 5 anos será o do TREN. Parécenos moi interesante xa que vivimos no barrio da estación e o noso cole está moi próximo a ela. Faremos un pouco de historia, aprenderemos cousas interesantes que non sabiamos e divertirémonos elaborando diversas manualidades, aprendendo cancións, realizando actividades e xogos, ....
Pedimos colaboración para ambientar as aulas e que vos impliquedes no tema xunto cos vosos fillos/as.
Preparados? ....pois:

                                                  ......  VIAXEIROS AO TREN!!!!!



martes, 1 de abril de 2014

Primeira saída 3 anos

Hoxe os nen@s de 3 anos fixeron a súa primeira saída. Foron a os Xardins de Méndez Núñez.
Había unha enorme expectación pola viaxe en autobús. Alí nos esperaban catro monitores que nos levaron a distintas partes dos xardíns. 
Regaron as prantas, aprenderon os perigos do lume, os actos das persoas que  poden danar a natureza, etc
Aquí podemos velos en acción:





PORTÁRONSE MOI BEN!!!!

viernes, 28 de marzo de 2014

PITAS, PITAS, PITAS...


En 3 anos estamos a traballar nun pequeno proxecto: A GALIÑA. 
Xa sabemos de onde nacen, qué comen, onde viven, cómo se deslazan, etc.
As familias colaboraron con fotografias, libros, manualidades, dibuxos, adiviñas, cancións....
Con todas as aportacións dos nenos fixemos un recanto na aula.
Este é o resultado:



MOITAS GRAZAS A TODOS!















AGORA TÓCALLE VIAXAR POLO ESPACIO AOS DE 4 ....

Os alumnos/as de 4 anos están a traballar o tema do espacio e teñen nas súas aulas un recuncho adicado ao tema gracias á colaboración das familias. Os nenos/as están moi motivados e aprendendo moitísimas cousas interesantes ....