Os de 3 anos están rematando xa o seu tema dos animais domésticos. Teñen unha granxa montada na aula!!!
jueves, 3 de marzo de 2016
martes, 1 de marzo de 2016
PIZARRA DIXITAL
Veñen de ter colocado dúas pizarras dixitais en aulas que aínda non contaban con elas. Xa só nos queda un aula sen dotación no que a educación infantil respecta.
Pouco a pouco tanto profes coma alumnos estamos a familiarizarnos co seu uso. É unha ferramenta moi útil coa que se poden realizar cantidade de actividades. Os neno/as están moi habituados xa ao seu uso coma instrumento de aprendizaxe.
lunes, 29 de febrero de 2016
DESPEDIMOS ÁS ALUMNAS DE PRÁCTICAS
jueves, 25 de febrero de 2016
EXPOSICIÓN DA ANTIGUA ROMA
miércoles, 24 de febrero de 2016
lunes, 22 de febrero de 2016
FIXEMOS PAN
Primeiro de todo limpamos ben as mans e as mesas, logo observamos os ingredientes e escribimos as palabras, medimos e pesamos, para logo mezclalos. Despois as profes repartiron un anaquiño de masa a cadaquén para amasar cadanseu boliño. Puxemos o número da clase para identificalos e metémolos no forno 20 minutos. (Graciñas á AMPA que nolo prestou)
Comprobamos como ulía o pan ao sair do forno quentiño e xa só quedaba catalo: as profes repartiron unha proba e o boliño foi para casa.Foi unha experiencia realmente interesante e todos rematamos moi contentos.
Os de 4 anos A farán a actividades o vindeiro mércores.
domingo, 21 de febrero de 2016
A COCIÑA E OS ALIMENTOS
Enmarcado neste proxecto, os de 4 imos facer ao longo das vindeiras semanas varias receitas na escola: pan e máis bombóns.
Ademáis faremos pasta de sal para modelar, xa que os alimentos non sirven só para comer!
Precisaremos fariña, chocolate, sal, levadura fresca e lacasitos. Repartimos estes ingredientes, así que xa cada quen levou unha nota co que lle tocou aportar para compartir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















