lunes, 12 de septiembre de 2016

ADAPTACIÓN 3 ANOS

Por fin chegou o gran día!
Con moito nerviosismo por parte de todos comezamos o cole. Como todos os anos  houbo algúns choros  pero a maioría disfrutou do seu primero día de cole.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes...




Ata mañá!  Resultado de imagen de dibujo niños felices

lunes, 5 de septiembre de 2016

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Lembramos que as reunións coas correspondentes titoras terán lugar o vindeiro mércores 7 de setembro ás 10,30 nas propias aulas dos alumnos/as.  Os de 3 anos estarán no edificio de abaixo, nas aulas do piso superior.

As titoras serán:
3 anos A: Teresa
3 anos B: Mila
4 anos A: Mª Carmen
4 anos B: Paula
5 anos A: Estrella
5 anos B: Rosa

Outros profes que darán clase en infantil:
Psicomotricidade en todos os cursos e apoio e informática en 3 e 4 anos: Ana Álvarez
Inglés en 3 anos A: Mila
Apoio e informática en 5 e inglés no resto dos cursos: Isabel
Música: Alfredo
Relixión: Ana Regueira
Pedagoxía terapéutica: Ángeles
Audición e linguaxe: Ofelia

viernes, 19 de agosto de 2016

miércoles, 22 de junio de 2016

FESTA FIN DE CURSO 2016

UN NOVO CURSO CHEGA AO REMATE, HOXE FIXEMOS UN POUCO O INDIO ....ATA SETEMBRO!
















4 ANOS REMATA O PROXECTO DOS ALIMENTOS




Ata o derradeiro día do curso continuamos co noso proxecto: pedimos colaboración e os resultados superaron todas as expectativas! GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS
Todo rico, rico, rico ....comeron a fartar!!




martes, 21 de junio de 2016

5 ANOS VAI DE PICNIC EN INGLÉS

Coma todos os anos ao remate de 5 anos as profes de inglés fan algunha actividade especial, desta vez tocou un picnic no xardín do noso cole. Botamos de menos á profe Mila, pero a profe Isa máis as titoras e Mónica fixeron posible esta interesante actividade:    IT WAS DELICIOUS!!!!!




3 ANOS EN SANTA MARGARIDA

Logo de ter suspendida a saída a semana pasada, desta vez si que os de 3 puideron ir ao parque de Santa Margarida a realizar diversas actividades de "Rutas Urbanas": miraron o que hai no chan do parque (pedras, poliñas, follas, ...), observaron a climatoloxía, botaron ao lugar correspondente o lixo que por alí atoparon, ...aprenderon in situ: