Todos os cursos de infantil asistimos estes días pasados ao concerto de Lidia Botana no palacio de congresos. Foi moi divertido, entretido e interesante para a nosa aprendizaxe.
SE QUEREDES DESFRUTALO EN FAMILIA LEMBRADE QUE O SÁBADO REPITEN ACTUACIÓN.
Hai uns días estiveron conosco membros da ONG "Miradas al mundo" coa que temos colaborado en anos pasados. Achegáronnos a realidade dos nenos e nenas coma nós que viven moi lonxe e moi diferente, con moi poucos recursos. Agradecéronnos as aportacións realizadas coas que puideron facer unha escola e dotala con cousas imprescindibles das que carecían.
Ademais ensináronnos cancións e bailes típicos. Gracias María e Bebe!
Hoxe tivemos unha sesión de teatro enmarcado no proxecto de igualdade do centro. A través desta obra baseada no conto homónimo puidemos reflexionar sobre que é o que podemos facer os nenos e as nenas, ou sexa, o mesmo.
O VINDEIRO DÍA 30 CELEBRAREMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
PRECISAMOS QUE @S ALUMN@S TRAIAN UNHA CAMISETA BRANCA PARA POÑER ENRIBA DA ROUPA (CHAQUETÓN, ABRIGO, ... INCLUIDOS), POLO TANTO TERÁ QUE SER TAMAÑO GRANDE. GRACIAS.
Os de 3 anos iremos o vindeiro 11 de febreiro ao Palacio da Ópera para desfrutar un concerto "De aquí para alá".
Aínda que faltan algúns días, precisamos recoller os cartos para pagar as entradas por adiantado.
Graciñas