sábado, 22 de abril de 2017

CONTACONTO

Onte Iago veunos contarnos un conto no que participamos todos e todas. "O cocinero Martiño" era ben especial e requería moita da nosa axuda.








viernes, 7 de abril de 2017

XAPÓN

Para ir entrando no tema comezamos saboreando un sushi moi especial .... graciñas Rubén!





miércoles, 5 de abril de 2017

Universo en 4 anos

Nas última semanas, as aulas de 4 anos estivemos coñecendo o Universo e para rematar a unidade onte fomos de excursión á Casa das Ciencias, onde visitamos o Planetario.
Aquí vos deixamos algunhas fotografías desta saída, así como das actividades realizadas ao longo destas semanas.  Unha vez máis, moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.



martes, 4 de abril de 2017

DESPEDIMOS A CHINA

   
   Os de 5 anos temos rematado o traballo da China. Aprendemos a súa localización, bandeira, música, comida, tradición, arte, ... 
   
   Vestímonos coma eles e mesmo tentamos comer coma eles tamén: cos palillos! Foi moi divertido pero comprobamos que para nós moito máis doado e rápido é comer con garfo.

   Coma sempre agradecemento ás familias pola súa implicación, neste caso mención especial para Mía que foi protagonista indiscutible.


















video


A continuación coñeceremos o Xapón ...parecido.

PIOLLOS

Novamente temos que informar da presenza de piollos nas nosas aulas.
Lembrámoslles que unha vez detectados piollos é necesario:
  • Aplicar un tratamento axeitado.
  • PEINAR A DIARIO DURANTE UN PAR DE SEMANAS CON UNHA LENDRERA porque  soen quedas ovos que eclosionan días despois do tratamento.
  • Lavar a temperatura alta roupa de cama, toallas, gomas do pelo, lazos, gorros, etc porque do contrario poden telos de novo ou pasalos  a outros membros da familia.
O piollo non sobrevive máis de 48h fora do cabelo, así que se metemos en bolsas herméticamete cerradas calquera obxecto susceptible de ter piollos, morrerán nese período de tempo.
Pregamos que revisen habitualmente as cabezas dos nen@s para evitar contaxios.

lunes, 3 de abril de 2017

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO

Os nenos e nenas de 3 anos fixeron a súa primeira saída. Qué emoción ir en bus!
No MAC esperábanos Carmen co fin de axudala a investigar e resolver "misterios": ascensores con buratos, auga que se move cando soplan nun televisor, imaxes que aparecen nas paredes, un cadro feito con desconchados de casas, etc

 









 
Disfrutaron moito da experiencia e están desexando voltar... O mesmo que Cacahuete e Monito!!

martes, 21 de marzo de 2017

AGASALLOS PARA PAPÁ

Seguro que todos os papás estarán encantados cos agasallos sorpresa que vos tiñamos preparados.

 Aquí tedes unha mostra.