viernes, 19 de junio de 2020

FIN DO CURSO 2019/2020, LEMBRANZAS


                       


                


           







DEBERES DE VERÁN

PROPOSTA PARA VENRES 19: BO VERÁN

Hoxe só tedes que ver este baile que temos feito as profes para tod@s vós con moitísimo cariño.



Podedes cantar, bailar e, sobre todo, ...rir a cachón!!!


Deixamos un recordo de cada unha das clases coas fotos que enviastes estes días, coma sempre, graciñas pola vosa colaboración!








Traballamos moito ao longo do curso, dende o confinamento dun xeito moi peculiar e novo para tod@s, así que agora toca desfrutar dun FELIZ VERÁN!!! Agardamos que en setembro todo poda volver á maior normalidade posible.

O EQUIPO DE PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

ENQUISA ÁS FAMILIAS

Gustaríanos saber a vosa opinión sobre este tempo de confinamento/desescalada/nova normalidade na que fixemos "teledocencia". 
Tentamos facelo o mellor posible: buscando actividades atractivas e variadas, tendo en conta as diferentes situacións familiares, primando sempre o benestar d@s nos@s alumn@s e valorando todas as opinións que algúns compartistes connosco. 
De todos xeitos, de seguro que poderiamos telo feito mellor, sabedes que a situación foi repentina e houbo que adaptarse en pouco tempo e cos medios dispoñibles.
É por iso que nos encantaría que puiderades sentar 5 minutiños, para respostar esta pequena enquisa que temos preparado, e poder ter unha visión xeral en conxunto. É moi sinxela e totalmente anónima. Grazas pola vosa colaboración.


jueves, 18 de junio de 2020

PROPOSTA PARA XOVES 18: DEBUXÁMONOS

Para rematar este curso imos debuxar ás profes e aos compis que vos apeteza ...non esquezades poñerlle o nome para que sexa máis doado de identificar, por se alguén non se recoñece 😉... e compartide as vosas produccións.

Fixádevos ben en que debuxedes todo o que teñen que levar cada un dos corpos, e se hai detalles moito mellor!




miércoles, 17 de junio de 2020

PROFES CONTACONTOS: ONDE ESTÁ ORELLIÑAS?


PROPOSTA PARA MÉRCORES 17: BUSCADE DIFERENZAS

En cada unha das seguintes fotos hai, alomenos, 5 diferenzas que debedes buscar. Hainas moi sinxelas ...e non tanto!

Ánimo.







  





Se alguén se anima a participar e enviarnos a súa proposta, xa sabedes o que tedes que facer, grazas de antemán!

martes, 16 de junio de 2020

PROFES CONTA-CONTOS: "A PEQUENA EIRUGA GLOTONA"

O conto de hoxe é unha historia moi coñecida, pero contanda dun xeito diferente: cun teatro de sombras!
 Animádevos a probar vos tamén a facer sombras con bonecos, títeres, as vosas mans...

 

PSICOMOTRICIDADE 12

PARA A ÚLTIMA PROPOSTA, SESIÓN DOBRE:

Hoxe imos facer un circuito, para facer este exercicio necesitaremos folios, saquiños de arroz ( podemos facelos con bolsas recheas de arroz), sillas, unha mesa…
Para a ambientación contarémoslles aos nenos/as que imos a explorar a selva e que temos que facer un circuito para lograr cruzala.
Imos colocar un banco sobre o que terán que pasar os nenos/as, lles contamos que é unha ponte colgante, e debemos gardar o equilibrio poñendo na cabeza os saquiños de arroz. Logo, terán que cruzar un río pasando por enriba dunhas pedras (que serán folios, papeis de periódico esparcidos polo chan sobre os que terán que saltar os nenos/as). Habrerán de pasar por debaixo dun túnel formado por sillas e ben agachadillos para que as arañas non vaian as súas cabezas. A continuación cruzarán un río onde hai cangrexos e terán que saltar a pata coxa. Por último entrarán nunha cova (formada por mesas onde imos a caminar en cuclillas), cando saian atoparanse cun obstáculo que deberán saltar (un coxín) e por fin chegaron ao seu destino.





Esta sesión vai adicada a expresión corporal, os únicos elementos que empregaremos será o propio corpo. Para motivar a actividade dirémoslle aos nenos/as que o noso corpo ten moitas posibilidades expresivas e que nos permite facer gran variedad de movementos, de imitacións, etc.
Imos xogar á Caixa Máxica , o desenvolvemto deste xogo consiste en que os nenos/as se poñen en cuclillas e tápanse a cabeza cós brazos, metendo a cabeza entre as pernas. Nós seremos os que daremos as indicacións, e debemos comenzar con a retahíla : “ Ábrese a caixa e aparecen… Motos” (por exemplo), entón os nenos/as deben imitar o obxecto, hasta que o adulto diga : “Péchase a caixa” e todos volven a súa posición inicial.



PROPOSTA PARA MARTES 16: XOGAMOS COS NOMES

Despois do traballo de onte, de escribir todos os nomes dos compis, faremos algo máis con eles, non si?

Hoxe trátase de clasificar, así que imos buscar entre todos os nomes da nosa clase:
3 nomes que teñan 4 letras
3 nomes que comecen por A
3 nomes que sexan de nenas
3 nomes que rematen por vocal
o nome máis longo (pode que haxa máis de 1)
o nome con máis sílabas (pode que haxa máis de 1)
....calquera outra proposta que se vos ocorra.

Pois ...a buscar e non esquezades anotalos nun papel.



lunes, 15 de junio de 2020

PROFES CONTA-CONTOS: "I WANT MY BANANA"

PROPOSTA PARA LUNS 15: ÁRBORES ESPECIAIS

Para este derradeiro luns do curso, que vos parece se lembramos a tod@s @s compis da clase? Facemos unha árbore e enchemos as súas polas cos nomes de tod@s el@s? Seguro que vos apetece escribir os nomes ...aínda que son moitos!, facédeo con calma,  os máis peques imos precisar maior axuda.
Podedes utilizar a técnica que vos apeteza, en 2 ou 3 dimensións, diferentes cores, texturas, ... de seguro que todas quedarán chulísimas. Encantaranos velas!
Xa temos algunha mostra por adiantado: 
 


viernes, 12 de junio de 2020

PROPOSTA PARA VENRES 12: COMO "MIRAR" UN CADRO CON SOROLLA

Coa axuda do gran pintor JOAQUÍN SOROLLA imos practicar como deberemos "mirar" un cadro dun xeito máis consciente.
Primeiro imos ver un vídeo que nos fala da súa vida e obra.



Aquí temos un exemplo de como ser conscientes do que se ve e o que non se ve tan claro nun dos seus cadros "Paseo a orillas del mar". Podemos ver tamén o lugar onde traballaba.



A nosa proposta é que observedes os cadros que figuran máis abaixo e que, coa axuda dun adulto intentedes contestar a algunhas  preguntas .


  • QUE FIGURAS APARECEN NOS CADROS?
  • CANTOS NENOS E NENAS HAI EN CADA UN?
  • ONDE CREES QUE ESTÁN? POR QUE?
  • CREES QUE VAI CALOR OU FRIO? POR QUE?
  • CHOVE OU VAI SOL? POR QUE?
  • COMO VAN VESTIDOS?
  • TI VAS ASÍ Á PRAIA?
  • PARECECHE QUE SON NENOS E NENAS DESTA ÉPOCA OU SON ANTIGOS?
  • QUE LEVAN NA CABEZA? PARA QUE?
  • TI QUE LEVAS NA CABEZA CANDO VAS A PRAIA?
  • CON  QUE XOGAN? E TI CON QUE XOGAS?
  • TI LEVAS UN CABALO A PASEAR POLA AREA?
  • POR QUE A SÚA PEL BRILLA TANTO?
  • QUE CORES UTILIZOU PARA PINTALOS?
  • INTENTA BUSCAR ALGUNHA SOMBRA NA AREA OU NA AUGA.
  • CON QUE CREES QUE ESTÁN PINTADOS ESTES CADROS: ROTULADORES, CERAS, PINCELES?

Por último podes debuxarte ti coma se foras un neno ou nena de esa época. Pero se non che apetece deixamos aquí un debuxo para que pintes.


jueves, 11 de junio de 2020

PROFES CONTA-CONTOS: "NO ABRAS ESTE LIBRO"

PROPOSTA PARA XOVES 11: PINTAR COAS SILUETAS DAS NOSAS MANS

Probamos a ver cantos debuxos podemos facer coas siluetas das nosas mans??

Deixámosvos algúns exemplos para que poidan servir de inspiración pero xa sabedes, o máis importante é a vosa imaxinación!!!


   




Estamos desexando ver que se vos ocorre!!!

 

miércoles, 10 de junio de 2020

PROPOSTA PARA MÉRCORES 10: EXPERIMENTAMOS

Sabemos que o volcán da semana pasada será difícil de superar, pero Julia presenta outro experimento científico tamén moi sorprendente ...como pode ser que un ovo entre polo burato pequeno da botella?
Pois mirade e probade se vos animades:

 (Podedes ver a explicación completa no programa "AQUELANDO" da TVG do día 18/05/2020)

Ademais deixamos outra proposta para exercitar o soplo e pasalo ben. Teremos que facer un "churro" de plastilina, poñelo na mesa a modo de camiño para soplar unha pelotiña lixeira e facela percorrer o camiño sen sairse del, parece doado pero veredes que non o é tanto.



martes, 9 de junio de 2020

PSICOMOTRICIDADE 11

Para levar a cabo esta sesión imos empregar sillas. A motivación desta sesión será a de propoñer o xogo das Sillas pero antes imos ver de cantas maneiras podemos colocarnos nunha silla (nós tamén o facemos): sentado, sentados cara atrás coas pernas abertas, tumbados boca abaixo apoiando a barriga, tumbados boca arriba apoiando a espalda…
1.-Comenzamos camiñando libremente por todo o espacio e ao oír unha palmada sentámos no chan.
2.- Camiñamos libremente e ao oír a señal sentámos nunha silla.
3.- Distribuímos sillas por todo o espacio. Permanecemos sentados nunha silla e cando se oia unha palnada cambiamos a outra.
4.- Sentarse nunha silla e colocar a espalda recta, pegada ao respaldo; poñer pernas e pés xuntos sin apoialos, mirar ao frente e cruzar os brazos.
5.- Na posición anterior, subir despacio as pernas hasta telas estiradas cara ao frente. Mantelas deste modo hasta oir o sinal (5 segundos).

Xogo da silla:
Poñemos tantas sillas como xogadores pero quitando unha. Poñémolas en círculo e os participantes dan voltas ao redor delas. A unha sinal todos deberán sentarse. O neno/a que se quede sin silla sae do xogo. Volvemos quitar unha silla. Continuarase ata que quede unha silla e dous xogadores, o que logre sentarse será o gañador.

PROPOSTA PARA MARTES 9: SIMETRÍAS

Para traballar a xeometría, a lateralidade e o espacio, en xeral, propoñemos algunhas actividades de simetrías. Podedes facer algunhas, elixide as que máis vos apeteza.

1.- actividades no chan (pinchar para ver vídeo)




2.-actividade con depresores, ou facendo as figuras simplemente con papel, cartón, regletas, ...















3.- actividade para facer "camiños" coas das mans



4.- actividade en cuadrícula con tapóns ou outros obxetos pequenos


5.- mirar nun espello ou debuxar a parte simétrica de un debuxo dado, pode ser unha cara, un bichiño, ...sempre que o debuxo permita a simetría

6.- actividade con cuadrícula para debuxar (os máis peques precisarán axuda)

  



7.- actividade con pezas de lego, hai que construir unha parte simétrica á dada



8.- actividade con pinceis e témperas (facer a metade do debuxo, dobrar o papel e aparece completo)