Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de octubre de 2022

LIBRO DESCATALOGADO DE AGASALLO

 


QUE CONTENT@S IBAMOS COS NOSOS LIBROS!!!







viernes, 11 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezamos hoxe unha actividade proposta polo equipo de biblioteca do cole: AS MOCHILAS VIAXEIRAS. 
Cada venres un nen@ de cada clase levará unha mochila en préstamo na que se atopan algúns dos exemplares que temos dispoñibles na nosa biblioteca. Son contos e dvds adecuados ás idades dos alumn@s. 
Tamén vai incluido un caderniño no que cada alumn@ ten unha páxina reservada para plasmar algo referido á historia que máis lle gustou.
Teremos coidado no trato dos exemplares e devolverase antes do xoves da semana seguinte (para que así o venres outro nen@ poda levala).
É fundamental que sexa unha actividade para compartir en familia cos vos@s fill@s, transmitindo valores positivos cara á lectura. Agardamos que sexa do voso agrado.

3 anos

4 anos
5 anos


jueves, 23 de mayo de 2019

CONCURSO MARCAPÁXINAS 2019

Desta volta o noso tema é "o son" que quedou plasmado de diversas formas nos nosos vistosas marcapáxinas.
Podedes velos á entrada do cole: os gañadores e 5 anos no edificio principal e os de 3 e 4 anos no de infantil.



GAÑADORES:
3 A.- Martín
3 B.- Eyad
4 A.- Paula
4 B.- Hugo
5 A.- Lucas (gañador tamén na categoría infantil)
5 B.- Daniela
Entregaremos os premios no festival das letras o vindeiro 24 de maio.

Noraboa a todos os participantes!

viernes, 30 de noviembre de 2018

CONTOS NA LAREIRA


Xa temos o noso currunchiño da biblioteca listo para que vos animedes vir contar algo: conto, historia, lenda, ...o que queirades! 

Sexa o que sexa estaremos encantados/as de escoitarvos.







Sería xenial que algún avó ou avoa viñera contar algo de tempos pasados.

A que vos apetece? Pois falade coas titoras e facemos sitio. 




Graciñas de antemán pola vosa colaboración!