miércoles, 22 de junio de 2022

FESTA FIN DE CURSO 2022

 NON PUIDO SER NA PRAIA PERO NO COLE TAMEN SABEMOS PASALO BEN: XOGOS, BAILES E FESTA RACHADA PARA O ÚLTIMO DÍA DO CURSO ....ATA SETEMBRO!






lunes, 20 de junio de 2022

AVISO: SUSPENSIÓN SAÍDA PRAIA

 POR MOR DA METEOROLOXÍA NON IREMOS Á PRAIA DE SABÓN MÉRCORES 22. FAREMOS UNHA XORNADA FESTIVA NO COLE CON DIFERENTES ACTIVIDADES E XOGOS.

GRADUACIÓN

 HOXE DESPEDIMOS AOS COMPIS DE 6º QUE PASARÁN A PRIMARIA DESPOIS DO VERÁN. PARABÉNS E MOITA SORTE PARA TOD@S!!!!






sábado, 11 de junio de 2022

EXCURSIÓN ZOO PADERNE

Pásamolo pipa!











GRADUACIÓN D@S COMPIS DE 6º

 Remata a etapa de educación infantil para unha nova promoción. Desta volta 49 compis de 6º nivel pasarán en setembro ás aulas de primaria e, polo tanto, deixarán de compartir momentos connosco porque xa son maiores.

Queremos facer un sinxelo acto de despedida a modo de GRADUACIÓN o vindeiro luns día 20 xunto c@s compis de 6º de primaria que deixan o cole definitivamente. Será en horario de 10:00 a 11:30 nas pistas. Todo o alumnado de infantil acudirá como invitado así como as familias do alumnado de 6º que poderá acceder ás gradas para seguir a celebración. O portalón da rúa General Sanmartín abrirase ás 9:45 e só poderán acceder 2 familiares por nen@.

Para que sexa unha xornada festiva para todo infantil, as merendas serán especiais: poden traer comida de FESTA (aperitivos, chuches, doces, ...) para compartir c@s compis (aínda que repartiremos as profes para manter certa distancia de precaución) 

Agardamos que sexa un bonito momento para tod@s.

NOTA. LEMBRADE A RESPONSABILIDADE DE CADAQUÉN ANTE AS GRAVACIÓNS E FOTOGRAFÍAS EFECTUADAS. 


viernes, 3 de junio de 2022

Psico e Medio Ambiente

Durante estes días adicamos a sesión de psico ao reciclaxe e reutilización🌍💚, xa que o próximo domingo 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medioambiente.

Falamos sobre os distintos materiais cos que contábamos e se os coñeciamos todos. As cintas de video e casette foron os materiais menos coñecidos, aínda que sí sabiamos por onde ían os tiros non tiñamos moi claro se servían para gardar música, se eran un disco duro...

Unha vez presentado o material empezamos a investigar e facer as nosas construccións libremente.

Tartas, casas, castillos, piscinas.... e os cohetes dos compis de 5 anos. A imaxinación e creatividade dos peques non ten límites!!

jueves, 2 de junio de 2022

FIN DE CURSO, SAÍDAS

TEMOS PROGRAMADA UNHA EXCURSIÓN PARA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL O VINDEIRO DÍA 13 AO ZOO CODAX EN PADERNE

POR OUTRA BANDA, O ÚLTIMO DÍA DO CURSO, 22 DE XUÑO, SAIREMOS TODO O ALUMNADO DO CENTRO EDUCATIVO Á PAIA DE SABÓN PARA XOGAR NA AREA