viernes, 29 de diciembre de 2017

INSEPARABLES

O pasado 1 de decembro os nenos e nenas de 4 anos B asistimos a un LIVE CINEMA na fundación Luis Seoane sobre os seus obxectos inseparables. O informativo da TVG Zigzag fíxose eco do noso traballo no programa do 27 de decembro.
 Aquí deixo o enlace para poder acceder á información
Inseparables

sábado, 23 de diciembre de 2017

Bo Nadal e feliz 2018!!

E con todo isto rematamos o primeiro trimestre e rematamos tamén o ano 2017.

Esperamos que pasedes uns días estupendos cheos de bos momentos, e que sexades moi bos para que os Reis veñan cargadiños!!!

BO NADAL E FELIZ 2018!!






viernes, 22 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL 2017

Despois de moitos ensaios, moita preparación e moitos nervios por fin estábamos preparados!!

O momento da actuación chegara!!

O preparamos con moito cariño e ilusión e esperamos que o disfrutarades moito.

Aquí o tedes de novo para poder recordalo en familia.





Tamén aproveitamos que estabamos todos xuntos para entregar os premios do concurso de cabazas do Samaín.
Que contentos todos cos seus agasaios!!


4 ANOS

Rematou o primeiro trimestre e con el o outono. Estamos a prepararnos para o inverno, pero antes queremos recordar o traballado arredor desta imaxe:




A través do cadro de ARCIMBOLDO descubrimos as cores, froitos, sabores e algunhas actividades do outono. Centrámonos nas UVAS e na VENDIMA e disfrutamos facendo o noso mosto, viño e vinagre...

 


  

E como somos moi larpeiros quixemos rematar o trimestre convidando aos nosos compañeiros de infantil a lazos de hoxaldre e chocolate.
 






 Que rico estaba todo... soubo a pouco!!!


miércoles, 20 de diciembre de 2017

Cantos traballiños do Nadal!!

Nestes días de panxoliñas, bailes, cartas para os Reis ou Papá Noel, tamén tivemos tempo para facer moitos traballiños chulos, chulos!!

Mirade que artístas!!!

Os peques de 3 anos prepararon estes renos tan chulos para que Papá Noel non teña problemas para chegar a ningún recuncho:



E tamén estes "snowmans" coa profe Isa. Como vedes todo con material de refugallo e moita imaxinación:


Os de 4 anos tamén traballaron moito para facer estes sobres tan simpáticos. Que esconderán no interior??  E coa profe Cloti tamén fixemos estes "christmas trees" tan naturais. Moi chulos, verdade?



Os maiores de infantil puxéronse mans a obra para decorar estas botas que como vedes quedaron estupendas!! Pero como son os maiores, eso nótase e deulles tempo para facer máis cousiñas súper chulas!! Na clase de inglés Cloti propúxolles facer o seu "reindeer", con eles os agasaios de Papá Noel chegarán seguro!!

E por suposto as impresionantes árbores de Nadal que fixemos coa vosa axuda!!






martes, 19 de diciembre de 2017

PAPA NOEL ESTIVO NO WENCESLAO!

Que emocionados estabamos!! Ao fin chegou o momento que tanto esperabamos!!

E alí estaba Papa Noel agardando por todos nós no patio de bicis...

Entregamos as nosas cartas e recibimos unha piruleta que nos soubo de marabilla!

3 anos A
3 anos B
4 anos A
4 anos B


5 anos A

5 anos B

Preparados para recibir a Papá Noel



Esta mañá teremos unha visita moi especial, Papa Noel pasará polo Wenceslao para visitar aos rapaces e rapazas. Xa temos listas as nosas cartas ...


lunes, 18 de diciembre de 2017

FESTIVAL NADAL 2017

Coma en anos anteriores invitámosvos ao ensaio xeral do noso festival de nadal de infantil.
Precisamos a seguinte indumentaria tanto para o día 20 coma para o 21 (que será o festival só para alumnos/as):
3 anos.- pixama e gorro de papa noel
4 anos.- roupa de cor escura
5 anos.- roupa de cor escura

Só poderán asistir 1 ou 2 familiares por neno/a xa que o espacio é moi reducido.

Será o mércores 20 de decembro ás seguintes horas:
3 anos.- 12,45
4 anos.- 13,00
5 anos.- 13,15
Pregamos que entren no salón só as familias do curso correspondente. PODERÁN FACELO 5 MINUTOS ANTES DA ACTUACIÓN.

A porta abrirá ás 12,30 (só a de acceso ao comedor na esquerda da fachada principal). Procurade chegar a esa hora para subir ordenadamente e non interromper ás clases de primaria evitando tamén ter que timbrar.

Ao remate da actuación podedes pasar pola aula a recoller aos nenos/as, pero deixade primeiro que baixen eles na fila coas profes!!!

Preparamos unhas sinxelas actuacións con moita ilusión, esperamos que sexan do voso agrado.

Gracias pola vosa colaboración!

viernes, 15 de diciembre de 2017

Derradeiros cumples do ano

Hoxe celebramos no cole os cumples dos máis pequerrechos das nosas clases:




Parabéns para Daniela, Mateo e Antón!!

Moitas grazas as familias pola vosa colaboración na festa!!