viernes, 28 de marzo de 2014

PITAS, PITAS, PITAS...


En 3 anos estamos a traballar nun pequeno proxecto: A GALIÑA. 
Xa sabemos de onde nacen, qué comen, onde viven, cómo se deslazan, etc.
As familias colaboraron con fotografias, libros, manualidades, dibuxos, adiviñas, cancións....
Con todas as aportacións dos nenos fixemos un recanto na aula.
Este é o resultado:



MOITAS GRAZAS A TODOS!















AGORA TÓCALLE VIAXAR POLO ESPACIO AOS DE 4 ....

Os alumnos/as de 4 anos están a traballar o tema do espacio e teñen nas súas aulas un recuncho adicado ao tema gracias á colaboración das familias. Os nenos/as están moi motivados e aprendendo moitísimas cousas interesantes ....








jueves, 27 de marzo de 2014

5 anos B no MAC

Finalmente poidemos facer a visita ao Museo de Arte Contemporáneo, ....e nos gustou moitísimo!
Traballamos con imaxes proxectadas en diferentes superficies e vimos algunha obra de arte relacionada co tema. Foi realmente interesante xa que non estabamos moi afeitos a este tipo de arte.




lunes, 24 de marzo de 2014

SAÍDA 4 ANOS AOS BOMBEIROS


A pasada semana os alumnos de 4 anos visitaron o parque de bombeiros da nosa cidade acompañados polas súas profes. Foi moi interesante e os nen@s disfrutaron moito probando o pesado traxe ou utilizando a verdadeira mangueira de BOMBEIRO!!!!!!!!













miércoles, 19 de marzo de 2014

CONTACONTOS

 



 















Esta mañá desfrutamos dunha xornada de contacontos na biblioteca do cole na que Iago fixo unha interpretación de "O aprendiz do home do saco" e "O señor corpo quere xogar", coa que botamos unhas risas participando moi activamente.












martes, 11 de marzo de 2014

O ESPACIO




Estamos a rematar o traballo sobre o espacio deste segundo trimestre cunha preciosa exposición á entrada do cole que tod@s podedes pasar a admirar. Unha vez máis temos que agradecer ás familias a súa implicación nos traballos realizados.

lunes, 10 de marzo de 2014

CASE É PRIMAVERA!!

Estamos a desfrutar moito nos patios destes días nos que o sol nos acompaña de novo ....despois de tanta choiva!!



sábado, 1 de marzo de 2014

ENTROIDO ESPACIAL NO WENCESLAO

Un ano máis desfrutamos dun entroido por todo o alto con baile, desfile, cancións e doces típicos.
Gracias a todos pola vosa colaboración e asistencia o pasado venres.





Agora a troulear en familia nestes días de ENTRIDO! Ata xoves 6!