jueves, 20 de junio de 2019

CELEBRAMOS DERRADEIROS ANIVERSARIOS DE ESTE CURSO

A pasada semana nas clases de 4 anos tivemos festas porque celebramos os aniversarios dos compis que cumpliron 5 aniños no mes de xuño ou que o farán no próximo mes de xullo.

Así que Gala, Vera, Thiago, Ainhoa, Antón, Diego, Valentina, Valeria e Paula foron os protagonistas de este festón!!

Como vedes tivemos de todo, ata uns simpáticos narices de cores cos que colaboramos, dalgún modo, coa Fundación Theodora, que se encarga de levar un sorriso aos peques hospitalizados. Un labor marabillosa!!!



Moitas grazas familias pola vosa colaboración, en especial por achegar este tipo de iniciativas  a escola que son fundamentais e unha parte moi importante na formación dos nosos peques.

miércoles, 19 de junio de 2019

ACLARACIÓN SOBRE OS PERMISO DE IMAXE

Nestes días enviamos dende o cole a autorización do permiso de imaxe para o próximo curso.

Este ano, atendendo a nova lei de protección de datos, o formato da autorización cambiou e isto está xerando bastantes dúbidas.

O uso que dende o cole facemos da imaxe dos nenos é o mesmo que ata o de agora: publicamos actividades neste blog ou na páxima web, actuacións, compartimos as fotos coas familias ao final do curso... Cando trátase dun video utilizamos para a súa publicación un canal pechado de Youtube, ao que accédese dende  o enlace da web do centro ou este propio blog.

Ao non autorizar o uso de Youtube o neno ou nena non poderá saír en moitas das publicacións e produccións (montaxes de fotos, vídeos...).

Esperamos ter aclarado algunhas dúbidas, en calquera caso non dúbidedes en consultar coas mestras as vosas inquedanzas.

Moitas grazas!

martes, 18 de junio de 2019

PREPARÁNDONOS PARA A DESPEDIDA

Xa queda moi pouquiño para que este curso chegue ao final e queremos despedirlo como se merece.

Para iso pedimos, unha vez máis, a vosa colaboración familias.

O venres podemos traer unha "merendola festeira" para compartir cos compañeiros, non moita cantidade.
 

Durante estes últimos días estamos a facer distintas actividades festivas, e entre elas faremos algunha con distintos maquillaxes. Se alguén ten algún inconvinte pregámosvos que o comuniquedes as mestras.

Tamén aproveitamos para comentarvos que o venres podedes entrar nas aulas á hora da saída para despedirnos e poder desexarvos un bo verán.

martes, 11 de junio de 2019

ACEITE DE LAVANDA

Hai un tempo que fixemos o noso aceite de lavanda, xa o temos listo para levalo á nosas casas, só precisamos que os alumn@s traian un boteciño pequeno de cristal e que peche ben para levar unha pequena mostra.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Pasamos unha mañá diferente, moi divertida e con moitas actividades relacionadas coa natureza. Gracias aos monitores de "O Ventoso" por facelo posible!


jueves, 6 de junio de 2019

"VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!"

Esta semana nas aulas de Infantil temos entre manos unha historia fantástica: 


Este albúm, basado nunha historia real, conta unha realidade actual que demostra como na nosa sociedade aínda hay moitos prexuizos e patrones de xénero moi marcados e que seguen impoñendose xa dende a infancia.

En varias clases os nenos e nenas viviran situacións moi similiares as que vive Juan, o protagonista do conto,  aínda que tiñamos máis ou menos claro que non hai "cousas de nenos" e "cousas de nenas" senon cousas que gustan e cousas que non gustan.

Temos que poder ter a libertade na nosa vida de poder elexir o que nos gusta ou non sen que se nos etiquete cun xuizo de aprobación por seguir unha norma social non escrita pero sí moi arraigada na nosa sociedade. 

Terminamos cunha frase de "La Cuentería Respetuosa": Contar unha historia como a de Juan es crear camiños novos, posibilidades novas, é crear opciones de liberdade.

Moitas grazas por compartir historias tan xeniais!!

"¿POR QUÉ NO?

Onte na clase das Xirafiñas tivemos unha sorpresa: un boneco sacapenas para cada un!

Estes Sacapenas veñen dende Guatemala, onde a ONGD "¿Por qué no? leva a cabo moitos dos seus proxectos solidarios.

A partires do agasaio, falamos da importancia da solidaridade, sobre o que é unha ONGD, a labor que fan...
Vimos varios vídeos e fotos sobre os proxectos que eles fan en Kenia e en Guatemala.

Falando en asamblea tamén nós tivemos varias ideas para xuntar cartos para axudar as persoas que o necesitan: moitos tiñan diñeiro nos seus petos, outros propoñían collelo dos caixeros, pensamos en organizar algún espectáculo e cobrar a entrada, pero tirarnos en paracaídas como parte do espectáculo non convencia a moitos...

E rematamos co conto "Sacapenas" da editorial Kalandraka.

Un día de traballo diferente e moi interesante!!

Moitas gracias a Cris, a mamá de Mateo, por facelo posible!


sábado, 1 de junio de 2019

ANIVERSARIOS DE MAIO

Nas clases de Cabaliños e Xirafiñas rematamos o mes celebrado os aniversarios de Aaron, Martha, Antonella e Alfonso.

Grazas a colaboración das familias compartimos esta festa con todos os compañeiros, así que moitas grazas de novo!!



Parabéns pequerrechos!!!

Aproveitamos tamén para darlle a benvida a Daniel á clase das Xirafiñas!!!

TRABALLAMOS A ANTONIO FRAGUAS, LETRAS GALEGAS 2019

Ao longo destes días as LETRAS GALEGAS e ANTÓN FRAGUAS foron os protagonistas nas nosa aulas: coñecemos a súa vida  e desfrutamos da súa obra, sobretodo da recollida que fixo de diferentes elementos na nosa cultura.