viernes, 19 de diciembre de 2014

MERRY CHRISTMAS ....TAMÉN EN INGLÉS!

As profes de inglés Mila e Isa ensaiaron cos nen@s de infantil un bonito villancico, velaí o resultado:






                                                                              And they wish you Merry Christmas!!!

jueves, 18 de diciembre de 2014

FESTIVAL NADAL 2014

Os ensaios foron un éxito, a ver mañá!

3 anos, "Turrón y mazapán"



                    Uns verdadeiros artistas!!, ...

4 anos, "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

5 anos A, "Los Reyes Magos"

5 anos B, "Árbol de Navidad"

... ademais de un excente público, a pesar de que aos máis pequenos se nos facía un pouquiño longo o festival.



Tamén houbo entrega de diversos premios:

gañadores do concurso de cabazas 2014

ganadora do concurso "Qué es una calle para ti"

miércoles, 17 de diciembre de 2014

O APALPADOR

Onte tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca do cole. Os rapaces de 6º contornos a historia do "apalpador":
El Apalpador (también conocido por el nombre de Pandigueiro en la comarca Terra de Trives), es, en las zonas del este de Galicia, la figura mítica de un carbonero que según indica la tradición baja la noche del 24 o 31 de diciembre, a tocar el vientre a los niños para ver si han comido suficientemente durante el año, dejando un montón de castañas, eventualmente algún regalo y deseándoles que tengan un año nuevo lleno de felicidad y comida.

Estivemos moi atentos e levamos uns caramelos de agasallo .... deixaríaos para nós a famoso APALPADOR????







domingo, 14 de diciembre de 2014

NADAL 2014

O vindeiro venres teremos o festival de nadal do cole coma fin a este primeiro trimestre que está a piques de rematar. Por falta de espacio no salón de actos divídese en dúas partes: a primeira para alumnos de infantil, primeiro e segundo de primaria; e a segunda parte para os demais cursos.

Coma en anos anteriores o xoves 18, á 1, os alumnos/as de infantil faremos o "ensaio xeral" ao que estades invitadas as familias. Dado o reducido do espacio pregamos que non acudan máis de 2 persoas por neno/a. Tamén pregamos a máxima celeridade á hora de subir ao salón (abrirán as portas 10 minutos antes), á fin de interromper o menos posible ás aulas de primaria.

Para tan ilustre actuación precisamos:
3 anos: que veñan vestidos con roupa oscura e traian un espumillón para adornar nos pulsos
4 anos: que traian pantalón vaqueiro e camiseta blanca
5 anos: xa teñen elaborado o vestuario necesario

Temos practicado moito e posta moita ilusión, esperamos que todo nos saia á perfección, e, sobre todo, que vos guste!

O día 19 será un día de festa polo que vos pedimos comida típica para compartir cos compañeros na aula.

AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN ATA O XOVES 8 DE XANEIRO, DÍA NO QUE NOS VOLVEREMOS VER!

DESDE O EQUIPO DE INFANTIL VOS DESEXAMOS FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!

viernes, 12 de diciembre de 2014

PATIO

A partires de hoxe xa podemos utilizar o patio exterior de infantil, pendentes tan só de pequenos detalles.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

gracias ás familias pola colaboración

PAPA NOEL VISITA O WENCESLAO

Como estaba previsto, esta mañá pasou polo cole Papa Noel, máis a súa elfa, para contarnos un conto e recoller as nosas  cartas. Todos os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria deixamos a carta no seu saco .... agora mesmo estará a lelas todiñas!








FACENDO ARTE ....

En infantil traballamos a cotío con obras artísticas famosas, .... e tamén coas nosas propias producións (menos famosas, pero moi importantes ). Ás veces visitamos algún museo da cidade; este curso temos previsto (aínda sen data concreta):

3 anos- museo de Belas Artes
5 anos- museo de Arte Contemporáneo (MAC)


De todos xeitos, a aula tamén nos aproxima á arte. Aquí tedes as súas interpretacións de "Círculos concéntricos" de KANDINSKY:



3 anos

martes, 9 de diciembre de 2014

VISITA PAPA NOEL

Temos anunciada para mañá mércores día 10 a visita de Papá Noel, que virá recoller as cartas que temos feito no cole cos nosos desexos para o Nadal:

3 anos

4 anos

5 anos
Que emoción!!!!!

lunes, 1 de diciembre de 2014

XA CHEGA O NADAL .....

Comeza o mes do nadal e o noso cole xa está a encherse de motivos alusivos ao tema. As aulas e corredores cambian as cores.
Pedimos a vosa colaboración para facer unhas grandes árbores decorativas. Formarémolas coas bolas que mandamos ás casas para que decoredes cos vosos fillos/as. Han quedar estupendas! Gracias pola vosa colaboración.

3 anos
5 Anos