viernes, 27 de enero de 2017

RECADACIÓN

1.747,50 EUROS RECADADOS NO NOSO MERCADILLO SOLIDARIO DE 2017!!!!!!

GRACIAS ENORMES ÁS FAMILIAS, AOS ORGANIZADORES E A TOD@S OS QUE O FIXEMOS POSIBLE.

jueves, 26 de enero de 2017

MERCADILLO

LEMBRADE QUE OS NEN@S TRAIAN MAÑÁ ALGUNHA MOEDA PARA PODER MERCAR (OS QUE VAIAN ESTAR COAS PROFES). SE PODE SER CO NOME MELLOR (NUNHA CARTEIRA, PEGADA NUN PAPEL, ...)
GRACIÑAS, ESPERAMOS DESFRUTAR DE UN DÍA VERDADEIRAMENTE SOLIDARIO

PROFE DE PRÁCTICAS

Dende hoxe a profe Noelia estará realizando prácticas con Estrella na aula de 5 anos A. Esperamos que sexa una experiencia enriquecedora para todos. Benvida Noelia!

TEATRO

Os alumnos de 4 e 5 anos fomos esta mañá ata o Forum para ver a obra "Pavillón Lino" a cargo da compañía de teatro Caramuxo.
Pasamos un tempo moi divertido e desfrutamos con esta aventura. Ata dous dos nosos profes fixeron de improvisados actores. Ademais soubemos comportarnos de marabilla. 



AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO

Onte os nen@s de infantil levaron para a casa a autorización de saída do centro para aquelas familias que desexen levar aos seus fill@s unha vez rematado o mercadillo.
Non vos esquezades de traelas debidamente cubertas a primeira hora da mañá para que as titoras sepamos os nenos que quedan baixo o noso cuidado.

Aqueles nen@s que non van estar acompañados poderán ir ao mercadillo coa súa titora, pero para eso teñen que traer unha moeda  para mercar.

O alumnado que non participe do chocolate y/ou mercadillo estará no edificio de infantil acompañado por un mestre de apoio.

martes, 24 de enero de 2017

MIRADAS AL MUNDO





Dous integrantes de "Miradas al mundo" viñeron explicar como é a vida dos nenos e nenas coma nós en Guinea Bisau. Esto foi o que nos contaron:
Non teñen auga nas súas casas
Durmen no chan
Comen basicamente arroz
Non teñen electricidade nin luz
Os seus coles non teñen debuxos nen xoguetes, as súas casas tampouco
Traballan no campo desde ben pequenos
Ver o mar por vez primeira é o seu mellor agasallo
Andan descalzos
...
Vamos, que a súa vida é moi diferente á nosa. Eso si, sempre se lles ve un sorriso na cara.

Este ano cos cartos que recademos co noso Mercadillo a ONG vai comprar lámpadas solares para que podan ler e estudar tamén pola noite.

Rematamos a charla cantando e bailando coma eles.


Aquí deixamos o enlace á súa página web para que poidades ver o seu traballo:

jueves, 19 de enero de 2017

CHOCOLATADA E MERCADILLO SOLIDARIO

Como sabedes o venres 27 de xaneiro celebraremos un  mercadillo para conseguir fondos para a ONG "Miradas al mundo". 
Como moitos de vos sodes novos no cole e moitos aínda non trouxestes o resgardo para o chocolate  queremos facervos un pequeno recordatorio:

-Temos que ter unha previsión do chocolate que consumiremos ese día, así que por favor o luns traede o resgardo cumplimentado e 1 euro para o chocolate do nen@. Indicade tamén se vós o ides tomar.

-O luns será o último día para colaborar doando xoguetes/libros/xogos... A cada alumno que colabore se lle asignará un número para participar nun un sorteo ao final da xornada (13:00h aprox) 

-Aqueles familias que nos acompañen terán que recoller a seus fill@s e encargarse deles o resto da xornada. As portas de infantil abrirán  ás 10:35h.
As mestras só nos faremos cargo dos nen@s que non estean acompañados. Haberá moita xente e temos que estar pendentes dos que están baixo a nosa responsabilidade!

-Unha vez tomado o chocolate e churros comezará o mercadillo. Para poder mercar será necesario que lles deades ese día un sobre/carteira con unha moeda para gastar (hai artículos de 0,50, 1,2,3,4 e 5 euros)
Aqueles nen@s que non traian nada para gastar quedarán cos profes de apoio no edificio de infantil.  

-As mestras e alumnos que non estean acompañados entrarán no recinto do mercadillo, farán a súa compra e marcharán para o patio de infantil. 
Despois o mercadillo quedará aberto para o resto do alumnado do centro e as súas familias.

-Se terminado o mercadillo queredes que o voso fill@ usuario habitual do comedor quede, teredes que levalo coa súa titora para que se incorpore ao seu grupo de clase.

-O horario de saída do alumnado que quede nas clases será o habitual (13:50h)

domingo, 15 de enero de 2017

EXIPTO

Os de 5 anos estamos a traballar este mes "Exipto". Estamos a aprender e facer moitas cosas relacionadas con este país. Se quereres colaborar xa sabedes que todo material extra da casa será benvido ....graciñas!


lunes, 9 de enero de 2017

ESTREAMOS ANO E MÁIS...

Benvidos a este novo ano que no Wences estreamos con novidades.

A primeira sorpresa atopámola nada máis entrar. os Reis Magos tamén pasaron polo cole e acordáronse de todos nós: colchonetas, libros, xoguetes... un montón de agasaios cos que o pasaremos moi ben!



Agasaios Reis 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Aproveitamos para contarvos máis novidades que trae este 2017.

Por un lado, despedímonos da profe Katia, a profe de prácticas que acompañou no primeiro trimestre aos peques de 3 anos B. Moita sorte Katia, e ata cando queiras!!

Por outra banda, recibímos de novo a profe Teresa, que xa está totalmente recuperada e coas pilas ben cargadiñas, e ao profe Rubén que substituirá á profe Ana. Benvidos!!

FELIZ ANO A TODOS E A POLO 2017!!