viernes, 31 de enero de 2020

MIRADAS AL MUNDO


Hai uns días estiveron conosco membros da ONG "Miradas al mundo" coa que temos colaborado en anos pasados. Achegáronnos a realidade dos nenos e nenas coma nós que viven moi lonxe e moi diferente, con moi poucos recursos. Agradecéronnos as aportacións realizadas coas que puideron facer unha escola e dotala con cousas imprescindibles das que carecían.
Ademais ensináronnos cancións e bailes típicos. Gracias María e Bebe!





lunes, 27 de enero de 2020

IRIÑA BAILARINA


Hoxe tivemos unha sesión de teatro enmarcado no proxecto de igualdade do centro. A través desta obra baseada no conto homónimo puidemos reflexionar sobre que é o que podemos facer os nenos e as nenas, ou sexa, o mesmo.














miércoles, 22 de enero de 2020

ENTROIDO 2020


Seguindo o tema dos "Inventos e inventor@s" este entroido elaboraremos disfraces para o desfile do cole.
Infantil iremos caracterizad@s como BOMBILLAS para o que precisamos 2 láminas de goma eva por alumn@, cada clase da cor correspondente:
3 anos A verde
3 anos B azul
4 anos A vermello
4 anos B amarelo
5 anos A laranxa
5 anos B lila

DÍA DA PAZ

O VINDEIRO DÍA 30 CELEBRAREMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
PRECISAMOS QUE @S ALUMN@S TRAIAN UNHA CAMISETA BRANCA PARA POÑER ENRIBA DA ROUPA (CHAQUETÓN, ABRIGO, ... INCLUIDOS), POLO TANTO TERÁ QUE SER TAMAÑO GRANDE. GRACIAS.

miércoles, 15 de enero de 2020

CONCERTO DIDÁCTICO

Os de 3 anos iremos o vindeiro 11 de febreiro ao Palacio da Ópera para desfrutar un concerto "De aquí para alá".
Aínda que faltan algúns días, precisamos recoller os cartos para pagar as entradas por adiantado.
Graciñas

martes, 14 de enero de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

XA TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN AS ACTUACIÓNS DE NADAL DOS VOS@S FILL@S NA PÁXINA WEB DO COLE, FIXÉRONNO DE MARABILLA!!

miércoles, 8 de enero de 2020

FELIZ ANO 2020

Xa estamos de volta con moita alegría, emoción, nerviosismo e, sobre todo, con moito que contar!

Aquí no cole tamén tiñamos sorpresa: alguén deixou uns agasallos para todos nós ...quen sería?