lunes, 30 de enero de 2023

ENTROIDO 2023

 A semana do 13 ao 17 celebraremos o ENTROIDO no Wenceslao. Ao longo de toda a semana Fantasmón poñerá unhas MANDAS a seguir, para cada día unha cousa diferente, estade atent@s!

O venres día 17 todo o cole nos disfrazaremos e sairemos a percorrer o barrio. Este ano toca facer unha viaxe en tren, o interraíl por toda Europa, cada curso un país. 

Nos vindeiros días seguiremos informando ...

sábado, 28 de enero de 2023

TRABALLOS DO 2º TRIMESTRE

 Comezamos diferentes proxectos á volta das vacacións do nadal:

4º infantil.- O OSO POLAR

5º infantil.- O UNIVERSO

6º infantil.- A IDADE MEDIA

E, en breve, comezaremos cos traballos do ENTROIDO, estade atent@s!

Grazas ás familias polas colaboracións!

viernes, 13 de enero de 2023

SORPRESA: AGASALLOS DE NADAL

 Non sabemos se Papá Noel, os Reis, o Apalpador, ou quen fose, pero cando chegamos ao cole luns pasado atopamos no patio das bicis, un pouco agochados, unha morea de paquetes. Menos mal que a profe Ana avisounos e puidemos ir tod@s para abrilos e mirar a cantidade de materiais novos dos que poderemos desfrutar proximamente.



jueves, 12 de enero de 2023

OBRAS NOS PATIOS INTERIORES DE INFANTIL

 NESTES DÍAS ESTARÁN A REALIZAR OBRAS DE PINTURA NO PATIO DE BICIS E NO INTERIOR DA ENTRADA, POLO QUE PODE QUE SE VEXAN AFECTADAS AS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO. 

NO CASO DE ESTAR OCUPADO O ESPAZO DE ENTRADA, FAREMOS USO DA PORTA BRANCA NO LATERAL DO EDIFICIO QUE DA Á PISTA CENTRAL.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN