jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA



Esta mañá tivemos unha visita moi especial: a mesmísima Rosalía de Castro apareceu na aula para contarnos quen era, ensinarnos a súa casa e recitarnos algún dos seus versos. 

Tamén os alumnos/as maiores viñeron a lernos poemas de Rosalía e estivemos super atentos!!





viernes, 17 de febrero de 2023

WENCESRAIL

 Último día da nosa semana de Entroido na que nos imos TODO O COLE de wencesrail!!!

Visitamos distintos países de Europa coa súa parada na estación correspondente. 

Nós íamos moi ambientados co CARNAVAL VENECIANO e antes de saír....fixemos unha merendola con orellas, filloas e rosquillas que estaban boísimas!!!!


 * TEDES MÁIS FOTOS E VÍDEO NA WEB DO COLE


4ºA

4ºB

5ºA

5ºB

6ºA

6ºB





jueves, 16 de febrero de 2023

INDICACIÓNS PARA VENRES 17, ENTROIDO DO WENCES 2023

 




XOVES???

Hoxe enchéronse as aulas de superhéroes, fadas, princesas, gatos....moi divertido, cada quen co seu DISFRACE FAVORITO!!!











4º INFANTIL ENTROIDANDO EN PSICO

 Aproveitamos a pasada semana para comezar a troula de Entroido en clase de psico!!

Parece que o pasamos moi ben, non si??

miércoles, 15 de febrero de 2023

QUÉ TOCA HOXE?



Hoxe mércores o noso amigo Fantasmón queríanos ver a todos/as co noso PIXAMA!!

Aquí estamos listos/as para ir para cama!!!!





martes, 14 de febrero de 2023

ALGO BRILLANTE....



 E hoxe martes, a manda que nos dixo Fantasmón era....VIR CON ALGO BRILLANTE!!!

Así deslumbramos cos nosos brillos:


4ºA

4ºB


lunes, 13 de febrero de 2023

SEMANA DE ENTROIDO!!

 

Chegou a SEMANA DE ENTROIDO que tanto estabamos agardando!!

Fantasmón, a nosa mascota da biblio, vainos dicindo as mandas que levaremos cada día ata o mércores. 

A de hoxe luns era vir con algo de cor azul e todos/as enchemos as nosas aulas de MOITA COR AZUL


4ºA

4ºB


PELIQUEIROS

 En 4º infantil levamos unha máscara de peliqueiro para ir achegando o entroido galego e as nosas tradicións aos pequechos do cole. Elixiron o seu animal favorito e pintaron con pincel e ceras. Ían encantad@s!, e así de lind@s:




miércoles, 8 de febrero de 2023

MANDAS DE ENTROIDO 2023

 ATENDEDE AO QUE DI FANTASMÓN PARA VIR BEN AXEITAD@S A VINDEIRA SEMANA:

LUNS: algo azul


MARTES: algo brillante


MÉRCORES: en pixama


XOVES: disfraz libre


VENRES: disfraces alusivos ao país do Wencesraíl correspondente
infantil ITALIA

viernes, 3 de febrero de 2023

PREPARACIÓN DA MÚSICA DE ENTROIDO

 A profe Nuria está a preparar nas clases de música unha canción de entroido alusiva ao tema deste ano: o tren.

Os disfraces de cada nivel estarán relacionados cun país europeo, faremos unha especie de "Wencesraíl".

Educación infantil iremos caracterizad@s coma os tradicionais disfraces venecianos, xa que somos a parada en Italia.

O venres 17 faremos o desfile polas rúas próximas ao cole (se o tempo o permite) e cantaremos na plaza da estación a nosa canción.

Se queredes ensaiar na casa tedes información na AULA VIRTUAL do cole, no curso AULAS DO ALUMNADO, CURSO 22/23, AULA DE MÚSICA, sen necesidade de contrasinal nin usuario. Tedes que baixar ata ENTROIDO 2023:

ESTE É O TEXTO DA CANCIÓN



POR OUTRO LADO PRACTICAREMOS O RITMO DA SAMBA PARA OS NOSOS INSTRUMENTOS:

GRAZAS POLA AXUDA, pero non vos preocupados, @s maiores seguro que o fan requetebén e nós acompañamos de marabilla!

DÍA DA PAZ 2023

 O pasado luns conmemoramos o día da paz e da non violencia no cole. Xa tiñamos traballado o tema nas aulas previamente e xuntos acordamos uns compromisos que manifestamos ante tod@s @s compis: COMPARTIR, NON PELEXAR, RESPETAR, SER AMIG@S, ...moitos bos desexos que teremos presentes no futuro. Ao final rematamos cantando e bailando.



  AQUÍ TEDES O VÍDEO PUBLICADO NA PÁXINA WEB ONDE PODEDES VER O BEN QUE O PASAMOS (pinchade no seguinte título):