domingo, 30 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de Xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ.

 Durante esta semana recalcamos nas nosas aulas os valores de tolerancia, respecto, solidariedade, igualdade...todos eles valores que fomenta a cultura da paz e da non violencia e que perduran como obxectivos ao longo do curso, pero que nesta data fanse de maneira máis visible.

Toda a semana levamos a cabo diversas actividades con relación a esta conmemoración, algunha  proposta polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias do centro e outras propias das nosas aulas.

Presentámosvos unha mostra delas.

FELIZ DÍA DA PAZ!!!



martes, 18 de enero de 2022

BENVID@S AO NOVO ANO



Xa hai máis de unha semana que temos voltado ás aulas e atopamos unha sorpresa ao chegar, xa que alguén pasou tamén polo cole deixando agasallos para nós.

Desta volta tratouse de libros de contos para tod@s. Cada clase recibiu 2 exemplares e xa temos contado os contos da propia aula e tamén os de aulas veciñas.


Algúns títulos son estes: