Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de junio de 2023

EXCURSIÓN Á GRANXA O VENTOSO

 Indubidablemente un día inesquecible para toda educación infantil. Broche de ouro para este curso 22/23!


ALUMNADO 4ºA



ALUMNADO 4ºB


miércoles, 24 de mayo de 2023

4º EN SANTA MARGARIDA

 Dentro do programa do Concello de Rutas Urbanas, @s peques do cole fomos ao parque a facer unha serie de actividades relacionadas co coidado do medio no que vivimos. Disfrutámolas un montón e pasámolo pipa buscando ao traste trasno CASCANUECES que nos deixou alí mentres facía uns recados. 



viernes, 21 de abril de 2023

PLANTACIÓN

 Ao longo desta semana estivemos a preparar o noso horto. As profes pintaron unhas rodas vellas para facer unha zona diferenciada no noso patio. 

Tivemos moito traballo: houbo que levalas ao sitio, preparalas poñendo papel arredor, enchelas de terra, colocar as plantas e regalas a diario. Tamén colocamos carteis e mesmo uns espantallos para coidar as nosas plantiñas como merecen. 

Nas aulas traballamos a secuencia da plantación, as necesidades vitais e o vocabulario do tema. De seguro que medrarán axiña ...iremos vendo.



martes, 20 de octubre de 2020

La araña y la castaña

En el aula de 3 años B estamos metiéndonos de lleno en un proyecto para investigar sobre la vida de las arañas. El otro día aprendimos una poesía, tal ha sido el éxito que en el patio juegan a recitarla de forma espontánea. A veces recitan la que aprendieron y otras veces se inventan una nueva cambiando algunas palabras ¡A ver si os gusta! 

viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día  5 de xuño celebrase o  DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e  o Equipo da Natureza do colexio propón que o traballemos tomando como referencia á química e ecoartista MARGARITA CIMADEVILA.
Se xa descubrístedes as pistas  desta semana vedes que teñen relación con este día.
Nesta presentación vai unha pequena explicación da súa obra, feita con materias recollidos nas prais de Sada.
Se vos gusta podedes recrear algunha obra con materiais dos que seguramente temos por casa para tirar.
CELEBREMOS O COIDADO DO PLANETA!!!

lunes, 11 de mayo de 2020

COMO MEDRAN ESTAS PLANTIÑAS!!

Durante estes días estamos a recibir moitas fotiños de como medran as vosas plantiñas!

Aquí tedes unha mostra:




Moitas grazas por compartilo con nós!!!


miércoles, 18 de marzo de 2020

FACEMOS UN HORTO??

O equipo de Natureza do cole propoñía para este trimestre a rexeneración das verduras que xa comimos para conseguir novas prantiñas. 
Apetécevos probar na casa?
So tedes que poñer o resto das cenorias (polo lado do rabiño) nun recipiente cun pouquichiño de auga e esperar... (na imaxe vedes máis verduras, pero non garantizamos o éxito...)
Podedes ir reflexando os cambios cun pequeno debuxo ou algunha palabra, nun calendario. 
Cando medren xa podedes trasprantalos a unha maceta. 
Ánimo xardiñeiros!!


miércoles, 11 de marzo de 2020

O NOSO COMPOSTERO

Despois do moito que aprendemos cos técnic@s do Concello, fomos ao noso horto para levar á práctica o que nos contaron.

3 anos

4 anos


COMPOSTERO

Dende a aula de natureza do cole promoveuse unha actividade na que varios técnicos do Concello nos viñeron explicar a importancia do compost coma abono para o noso horto
Todo comeza separando os residuos das nosas merendas. Todos aqueles restos orgánicos que xuntamos podemos lévalos á compostera e alí coa axuda do tempo e dos bichiños iranse convertendo nun marabilloso e natural abono para a terra.
Escoitamos moi atent@s e aprendemos moitas cousas.








miércoles, 2 de octubre de 2019

FOTOS NA NATUREZA

Dende o equipo de natureza do cole pídennos colaboración para facer una exposición de fotos na entrada con fotos dos nen@s rodeados de un espazo natural (campo, xardín, praia, ...). Que veñan co nome e o curso do alumn@ así coma o nome do lugar que é. Tamaño máximo medio folio (A5), por favor.
Graciñas de antemán!

martes, 11 de junio de 2019

ACEITE DE LAVANDA

Hai un tempo que fixemos o noso aceite de lavanda, xa o temos listo para levalo á nosas casas, só precisamos que os alumn@s traian un boteciño pequeno de cristal e que peche ben para levar unha pequena mostra.

jueves, 16 de mayo de 2019

PLANTAMOS

Coa primavera chega o tempo de recolleita e de plantar os novos cultivos e no noso cole estamos a facelo por todas partes: nas aulas, no horto, no xardín,... así participamos do proceso e aprendemos experimentando.

Probamos as espinacas e os chícharos que os compañeiros de primaria cultivaron:



E plantamos fresas, tomates, xudías, cenorias, leitugas, xirasois,...


viernes, 12 de abril de 2019

Á RICA ESPINACA!!

Como xa sabedes, no cole temos un horto ben chulo e que ademais ten un producto ecolóxico e ben bo!!

Foi tempo de recolleita e puxémonos as botas no patio comendo as follas de espinacas máis tenras, case non chegan as casas das nenas e nenos de 5 anos!!!

Preguntádelles aos peques porque foron moitos os que quixeron probalas e repetiron!!



Isto si que é cociña de proximidade, verdade?? Probástelas??

domingo, 24 de febrero de 2019

A PRANTAR!!

Dende o equipo da natureza do cole teñennos moi atarefados, agora toca prantar bulbos de diferentes flores e para logo poder alegrarnos con elas.


 





martes, 19 de febrero de 2019

ELABORAMOS ACEITES ESENCIAIS

Durante estes días estivemos elaborando nas aulas os aceites esenciais a partires das prantas aromáticas do noso horto, tal e como vos contamos nunha entrada anterior.

Tivemos moito traballo, esfollar as prantas, cortalas, botalas nos botes co aceite, escribir a receita...

4 anos B
4 anos A

5 anos B
5 anos A

3 anos A
3 anos B

Agora toca esperar a que o tempo faga a súa parte do traballo para poder gozar dos distintos aceites e as súas propiedades. 

martes, 20 de noviembre de 2018

AULA DA NATUREZA

Coma todos os anos os nosos compis de primaria, dende o equipo de natureza, propoñen actividades interesantes para que todo o cole as realicemos na medida das nosas posibilidade

Temos nas aulas diversas herbas aromáticas (lavanda, romero, ...) que debemos macerar en aceite puro de oliva para obter unha serie de aceites aromáticos para diferentes usos.