lunes, 26 de junio de 2023

FESTA FIN DE CURSO

 A derradeira xornada do curso foi ben divertida! Os xogos organizados no patio do cole non deixaron a ninguén sen sorriso, pompas, auga e alegría a chorros, velahí tedes a proba:


Todos estes xogos despois de ter merendado nas aulas á altura da celebración, non todos os días son festa!





GRADUACIÓN DE 6º

 @S COMPIS DE 6º GRADUÁRONSE! 

O VINDEIRO CURSO COMEZAN A SÚA ANDAINA NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA, PARABÉNS!



jueves, 15 de junio de 2023

A chapotear!!

 Esta semana, como será a última sesión de psico para moitos, aproveitamos o bo tempo para xogar coa auga!!

Pinzas, tesoiras, coladores, embudos, esponxas, xeringas... Un montón de posibilidades de xogo e descubrimento!!

O pasamos pipa e casi non tivemos "accidentes"!!

miércoles, 14 de junio de 2023

TEATRO EN INGLÉS

 Dende o Equipo de Plurilingüísmo do cole hoxe tivemos unha proposta de actuación en inglés. Cantamos, bailamos, contestamos e escoitamos un conto. A compañía MOVE ON fíxonos pasar un tempo ben divertido!





jueves, 8 de junio de 2023

EXCURSIÓN Á GRANXA O VENTOSO

 Indubidablemente un día inesquecible para toda educación infantil. Broche de ouro para este curso 22/23!


ALUMNADO 4ºA



ALUMNADO 4ºB


miércoles, 7 de junio de 2023

Semana do Medio en Psico

Aproveitando a conmemoración do luns, día do Medio, as sesións de psico tamén as adicamos a traballar sobre este tema. 

Despois de falar sobre o que podemos facer nós para coidar o noso planeta, puxemos en práctica as 3R, xogando con bolsas de papel e papel triturado. 

Nun primeiro momento houbo algunha dúbida sobre se todo "iso" servía para xogar, pero estes peques apúntanse a un bombardeo e o pasaron pipa!!! 

Parece que o de Reutilizar é moi divertido!!

lunes, 5 de junio de 2023

DÍA DO MEDIO

A través de diversas actividades relacionadas coa reciclaxe e a concienciación sobre o coidado do noso planeta, esta mañá pasamos un tempo argallando e xogando á vez que aprendendo.