lunes, 28 de mayo de 2012

DEPORTIVO

Os nen@s de infantil tamén nos unimos na celebración da victoria do equipo da nosa cidade e a súa volta á 1ª. No recreo pintamos as caras, coreamos o nome do DEPOR, fixemos bandeiras e posamos para estas fotos de recordo:




¡NORABOA A TOD@S!

plantación 5 anos

A plantación que fixeron os alumnos de 5 anos co xardiñeiro Jo hai un tempo vai dando os seus froitos, mirade como crecen as plantas ....


viernes, 25 de mayo de 2012

OS PLANETAS

Nas aulas de 5 anos están a traballar sobre o tema dos planetas e o Universo. Esta vez as profes pediron a colaboración das familias e a resposta foi FANTÁSTICA.
Os nen@s  están a aprender moito e participan entusiasmados cando explican aos seus compañeiros os traballos e libros que traen da casa.
Con todo o material recollido estos días fíxose un recanto no corredor do cole que podedes admirar.


  SON UNS ARTISTAS !!

miércoles, 16 de mayo de 2012

CONCERTO DA NOSA PROFE DE MÚSICA E O SEU GRUPO

A nosa profe de música, Guadi, e mailo seu grupo musical "aCadaCanto" fixéronnos unha visita que agradecemos moito.
Cantaron con nós unhas cancións nas que participamos moi activamente e nos ensinaron un acordeón e unha guitarra. Coma xa estiveran antes cos nosos compañeir@s de primaria non quixeron marchar do cole sen pasar tamén polas aulas de infantil. Foi moi pouquiño tempo pero gustounos moito esta sorpresa da nosa profe que é .... unha artista!














MOITÍSIMAS GRACIAS A GUILLE, A XABIER, A XOSÉ E A GUADI POR ACHEGARSE ÁS NOSAS AULAS!!!!!!!

martes, 15 de mayo de 2012

Día da Familia

O 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Familia.
 Asamblea Naciones Unidas

Para conmemorar esta data os nenos e nenas de 5 anos fixeron nas clases de inglés unha tarxeta na que puxeron todo o seu cariño imitando aos grandes artistas de arte postal.(Postal art , Arte postal)

Ademáis aprendemos vocabulario relacionado co correo: letter, postcard, envelope, postman, post office...

Despois levámola en persoa a correos para sorprender ás familias.
HAPPY FAMILY DAY!!







lunes, 14 de mayo de 2012

TEATRO

Os nen@s de infantil e 1º de primaria comezamos a semana cunha grata sorpresa xa que disfrutamos dunha representación teatral esta mañá no noso cole, "HISTORIA DUNHA SEMENTE"




sábado, 12 de mayo de 2012

5 ANOS APRENDE COS AVÓS ....

Hai uns días o avó dun compañeiro da clase de 5 anos veu ao cole para explicar o proceso natural da vida das plantas. Foi moi ameno e divertido, así que aprendemos moito á vez que o pasamos ben. Agradecémoslle moitísimo a súa colaboración e esperamos que podamos repetir outro día.
GRACIÑAS!!!!!!




viernes, 11 de mayo de 2012

RICIÑOS DE OURO

Os alumn@s de 3 anos comezamos esta semana a traballar co conto de "RICIÑOS DE OURO E OS TRES OSOS". Coma cada vez que empezamos cun novo conto estamos moi ilusionad@s e atent@s a todo o que vai acontecer, non nos cansamos de escoitar a historia cantas veces sexa, e nos encanta o final no que Riciños de Ouro e mailo osiño pequeno convétense en amigos. Aprenderemos moitas cousas.




http://www.youtube.com/watch?v=PggFIdWCBtI&feature=related

Xa temos rematado o noso mural sobre o conto, mirade que chulo nos quedou: