viernes, 22 de junio de 2012

FIN DO CURSO 2011/2012

Agora si que si o curso rematou. Esta mañá tivemos unha xornada realmente festiva e os alumn@s disfrutaron moitísimo con todas as actividades que lles preparamos, estaban moi emocionados (en todos os sentidos) e esperamos que lles quedara un bo sabor de boca para a volta ao cole alá por setembro.
Tivemos festas nas aulas, despedíronse de todas as súas profes, o patio tamén foi especial e, coma fin de festa, o noso festival resultou todo un éxito. Moitísimas gracias a tod@s: pais, nais, avós e demais que nos viñestes acompañar hoxe.
Gracias polos vosos aplausos e por tantísimos xestos de cariño coma tivemos todas as profes que pasamos día a día  do curso cos vosos fill@s.

 






FELIZ VERÁN PARA TOD@S!!!!!

AS PROFESORAS DE INFANTIL

ARTE EN 3 ANOS

Ao longo do curso que remata os nenos de 3 anos traballamos con cadros de pintores famosos de moi diferentes estilos e épocas. Para que vexades como estes pequerrech@s son capaces de plasmar o esencial destas obras de arte (cores, formas, situación espacial ...), ahí vai un exemplo de cada unha das que vimos este ano, seguiremos o próximo.

 

 

 

 

 














Non está nada mal, non? Pequenos grandes artistas, quen sabe ....

jueves, 21 de junio de 2012

LECTURAS PARA EL VERANO

Para este verano os hacemos tres recomendaciones de cuentos diferentes.
Esperamos que os gusten:

Comencemos con un libro que lleva la imaginación a lugares lejanos...

BONIFACE OFOGO-ELISA ARGUILÉ
“El león Kandinga” Ed.Kalandraka

También podéis disfrutar de este cuento en YouTube El león Kandinga

Ahora un libro que "hace magia"...

HERVÉ TULLET
"Un libro" Ed. Kókinos

Y por último una lectura para no perder la paciencia...

CHRISTIAN VOLTZ
"Ainda nada? Ed.Kalandraka


UNHA RECEITA PARA 3 ANOS

Onte tivemos unha xornada de cociña coas nosas profes de 3 anos na que elaboramos e saboreamos unhas deliciosas froitas con chocolate. Estivemos moi atentos ás explicacións: miramos formas, tamaños, cores, texturas, ... cortamos e probamos as froitas, e comprobamos coma o chocolate pasa de ser sólido a líquido polo efecto do calor.
Sobre todo foi unha experiencia moi divertida e única para moitos nen@s que non comen moita froita. A algún lle custou un pouco, pero tod@s comeron algo. En xeral estaban encantados e case todos repetiron, escoitábase: que rico!
Podedes comprobalo:



jueves, 14 de junio de 2012

APRENDENDO MÁIS DO UNIVERSO

Os nen@s de 5 anos seguen a aprender cousas sobre do universo. Onte tiveron unha sesión práctica e moi divertida con un dos avós da clase que se prestou novamente a traernos a súa experiencia. Xogando apréndese moito!


jueves, 7 de junio de 2012

CONTACONTOS

O pasado martes tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca do cole.
Foi moi divertido escoitar a Iago contarnos o conto de "A princesa Sabela", que era unha princesa que non quería selo, senon que quería facer as cousas que fan todos os nenos e as nenas, aínda que ao seu pai, o rei, non lle parecía moi ben.
Preguntade aos vosos fill@s como remata a historia, que xa vos contarán ....