domingo, 30 de septiembre de 2012

4 anos ...

Os alumn@s de 4 anos estamos a repasar moitas das cousas que aprendimos o curso pasado posto que nós xa sabemos o que é volver ao cole.
Temos dúas compañeiras novas ás que demos a benvida e estamos a ensinarlles os diferentes espacios e hábitos do noso cole.
Seguro que este novo curso ten moitas boas novas agardando para tod@s nós.
 
 
 
 
Este curso comezamos traballando o conto "A SEREÍÑA" e todo o relacionado co tema do mar. Axudádesnos?????
 

martes, 25 de septiembre de 2012

PSICOMOTRICIDADE

Os días que os alumnos terán psicomotricidade ao longo do curso serán:

                        3 anos:  XOVES
                        4 anos: VENRES
                        5 anos A: VENRES
                        5 anos B: XOVES

Lembrade que traian roupa cómoda, tenis sen cordóns e que non traian accesorios.
Comezaremos as clases esta semana.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

ADAPTACIÓN 3 ANOS

Xa queda menos!
Ainda que a algún d@s nov@s alumn@s  lles custa dicir adeus a mamá/papá/avós, aos poucos minutos todos están disfrutando no seu novo cole (e máis cando imos ao patio   das bicis e ao tobogán).
Aquí van unhas imaxes para confirmalo:



 
Moitos xa son quen
de facer a fila, ir sós
ao baño, pedir axuda
ás profes, merendar sentados, xogar coa plasti...


 ¡Aprenden moi rápido!