Nas clases de 5 anos aproveitando o traballo que estamos a realizar cos vosos fillo/as sobre a conveniencia de ter HABITOS SAUDABLES (dentro da unidade do CORPO HUMANO), pretendemos potenciar as merendas ao longo da vindeira semana de forma especial.
Para isto contamos coa vosa colaboración xa que temos elaborado o seguinte "calendario":
LUNS 2 decembro - un
lácteo ( iogur, bebible, queixo, ... )
MARTES 3 decembro -
bocadillo de pavo, xamón, ...
MÉRCORES 4 decembro -
froita
XOVES 5 decembro -
cereais ( tortiña, cereais soltos, ... )
Cada un dos días que traían a merenda correspondente serán "premiado/as" cunha pegatina, e os que completen os 4 días levarán unha medalla que lles acredite coma "
SAUDABLE"
Tamén estivemos a realizar menús saudables compostos por 1º plato, 2º plato e postre. Non temos moi claro qué alimento poñer en cada un, pero con un pouco de axuda elaboramos uns menús ricos, ricos ... lástima que foran en papel!