jueves, 23 de mayo de 2013

Monte de San Pedro


Entre chaparrón e chaparrón os nenos e nenas de 5 anos fixeron a visita ao Monte de San Pedro.

O día anterior tiveran unha charla no cole sobre os moradores do parque.



Foi moi interesante intentar descubrir os diferentes tipos de plantas e animais dos que lles falaron e que viven tan cerca de nós.

¡A próxima vez que vaian ao parque seguro que serán uns guías fantásticos!

lunes, 20 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado xoves festexamos no cole o día das letras galegas celebrando un festival con cancións, poemas e obras de teatro, todiño en galego! Foi a nosa homenaxe particular a ROBERTO VIDAL BOLAÑO a quen se lle adicaba este sinalado día.
Os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria participamos no primeiro dos festivais que se levaron a cabo no centro, é moi emocionante subir ao escenario e amosar as nosas habilidades para os compañeiro/as do cole.

Os de 3 anos cantaron a canción "Chimpún"















Os de 4 anos cantamos "Eu teño un canciño"















E os de 5 anos cantaron "Vivir na Coruña"




























Despois de tantos ensaios .... saíunos de marabilla!!!


LAS MENINAS

Para rematar o noso traballo sobre das Meninas, os alumnos de 4 estamos a realizar "meninas" con plastilina a modo de esculturas. Salvo poucas excepcións, son produccións totalmente libres, froito de todo o que aprendemos ao longo deste tempo de contacto co tema do famoso cadro de Velázquez.

Despois de feitas descubrimos que hai infinidade de versións, a ver se sodes capaces de adiviñar cales son as nosas :)











 

miércoles, 15 de mayo de 2013

Camiño escolar seguro

A policía local visitou as aulas de 5 anos para recordarnos as normas de educacion vial que debemos seguir cando imos pola rúa ou circulamos pola carretera.










Despois, a axente 
acompañounos nun paseo polo barrio.

 
Pasamos por Correos para levar a tarxeta que felicitará por sorpresa ás familias coincidindo co DIA INTERNACIONAL DA FAMILIA.
 

martes, 7 de mayo de 2013

TEATRO: a Caixa de Música

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos do cole disfrutamos dunha sesión de teatro na sede de Novagalicia Banco o pasado 30 de abril a cargo do grupo VIRAVOLTA TÍTERES. Estabamos moi ilusionados e pasamos un tempo divertido no que escoitamos música, participamos atentos, rimos e atendemos a historia dos monicreques protagonistas do conto.



Icia e Salterio, xogando, estragan a caixa de música de Calderón,
vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará a xeito
de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Anacruso e
Arpexio, que lle poden prestar “gran axuda”. Un espectáculo
con música en directo e visualmente atractivo debido á iluminación
e ás cores refletantes na luz negra.
TRE
ación




Podedes ver un anaquiño desta obra teatral no seguinte VIDEO






viernes, 3 de mayo de 2013

Xardíns de Méndez Núñez

¡Por fin saiu o sol!
Despois de ter que anular por choiva a saída da semana pasada, esta vez tivemos o día perfecto para ir aos Xardíns. Non fixo frío, tampouco demasiado sol e poidemos percorrer os diferentes lugares que a "nai Natureza" quería que viramos.
Eso sí, como había tantos turistas tivemos moitos espectadores...
Como xa vos terán contado, fixeron moitas cousas e seguro que aprenderon moito:

Escoitaron historias...

Tocaron texturas...
Completaron planos...
Xuzgaron conductas...
Regaron...
E... xogaron!