domingo, 29 de septiembre de 2013

PRIMEIROS TRABALLOS

Rematou o mes de setembro e @s nen@s aprenderon moitas cousas , tanto que xa están a facer os seus primeiros traballos.  Se lles preguntan e amosan as fotos seguro que tod@s contarán o ben que o pasan traballando no cole... e o cansados que rematan a xornada!

Pintura de dedos,

rasgar papel, pegar, colorear...



Enrugar papel
e... ata bailes con corografía!

miércoles, 25 de septiembre de 2013

PIOLLOS .... OUTRA VEZ!

Coa chegada do novo curso chegan tamén os nosos "amigos" os piollos. Como xa se teñen detectado na cabeza dalgún dos nosos alumnos queremos avisar para que esteades atentos e tomedes as medidas pertinentes.
Adxuntamos un video explicativo sobre o tema, esperamos que vos pareza interesante.

video explicativo sobre pediculosis

viernes, 13 de septiembre de 2013

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Ola a tod@s!
Despois de tres días de adaptación parece que todo vai moi ben. 
@s nen@s están xa preparados para unha xornada mais longa e lembrámoslles que a vindeira semana o horario será de 9:00 a 12:30 h.
Aquí van unhas imaxes do que estivemos facendo estes días:




 
Xa foron quen de estar sentados e pintar...

Viron algo de tele: Pluto, Caillou, ...
Algúns preferiron facer puzles, plastilina, xogar...



 
Aprenderon a facer a fila e atenderon moito cando as profes lles contaron contos ou cantaron cancións.





 
Ata o luns!

miércoles, 4 de septiembre de 2013

NOVO CURSO

BENVIDOS A TODOS A ESTE NOVO CURSO ESCOLAR 2013/2014!!!!
 
 
LEMBRADE QUE MAÑÁ DÍA 5 ÁS 11 DA MAÑÁ TEREMOS AS  REUNIÓNS COAS CORRESPONDENTES TITORAS, ESPERAMOS A VOSA PRESENCIA.
 
AS CLASES COMEZAN O DÍA 11 EN HORARIO HABITUAL PARA O ALUMNADO DE 4 E 5 ANOS. OS DE 3 ANOS TEÑEN UN HORARIO ESPECIAL POR TURNOS QUE MAÑÁ LLES ESPECIFICARÁN NA REUNIÓN.