miércoles, 30 de octubre de 2013

Samaín e Halloween

Hoxe tivemos unhas amigas moi traballadoras que case nos impiden sair ao patio, menos mal que somos moi maiores e non tivemos medo!


Os últimos días fixéronse moitas manualidades e os nen@s levaron o seu traballo para a casa.



Ademáis, os corredores quedaron moi decorados e trouxeron moitas cabazas, seguro que o luns o cole encherase de imaxinación.




HAPPY HALLOWEEN!    E      FELIZ SAMAÍN!

lunes, 21 de octubre de 2013

TRABALLAMOS O NOSO CORPO EN 5 ANOS


        





 Ao longo do presente trimestre nas aulas de 5 anos imos traballar o tema do                                                 corpo humano.

       Coñecerémolo por dentro e por fóra, observaremos diferencias e semellanzas entre as persoas, veremos as posibilidades que ten, a necesidade do seu coidado, as enfermidades, os cinco sentidos, medidas e pesos, razas do mundo, .... unha morea de cousas!

Podedes cantar connosco:
juan pequeño baila

Ou xogar un pouco:
para jugar con el cuerpo humano

      Se tedes pola casa algún material que puidera ser útil para compartir nas aulas, agradecemos a vosa colaboración, xa o sabedes .... 









OS DE 5 XA TEMOS CARNÉ DE BIBLIOTECA!!!!!

       O pasado venres os alumnos de 5 anos visitamos a nosa biblioteca para poder levar á casa un libro por primeira vez. Estabamos moi emocionados co noso novo carné no que figura o nome do cole, o noso nome e un número de lector. Cada quen elixiu o libro que lle pareceu máis interesante e non nos chegaba a hora de marchar para casa co noso libro e poder amosarllo á familia. Algúns libros son só para mirar, outros poderemos lelos nós mesmos e outros son para que nolo conte un maior.... pero todos son MARABILLOSOS!
      Temos moitos días para miralos na casa, pero antes do seguinte VENRES teremos que devolvelo á biblioteca para poder levar outro novo libro.
      Todos fixemos a promesa de coidar os libros con esmero, non mollalos, nin manchalos, nin rompelos, nin estropealos, ....




jueves, 17 de octubre de 2013

O outono xa está aquí!

Nas aulas de 4 anos xa é outono. O seus rincóns están a medrar día a día cos traballos dos nen@s. Aquí tedes una mostra:

 













 E nos corredores voan as follas que pintaron os nen@s de tres anos!

domingo, 13 de octubre de 2013

MIMOS CHEGOU Á ESCOLA!

Esta semana a Caixa máxica de 3 anos B tiña unha mensaxe. Tivemos que atopar un fío que nos levou a  . . . MIMOS!
Esta é a nosa mascota e con ela imos aprender moitas cousas este curso.


 
 


martes, 8 de octubre de 2013

USAMOS O ORDENADOR ....

Hoxe tivemos unhas amigas moi traballadoras que case nos impiden sair ao patio, menos mal que somos moi maiores e non tivemos medo!


Os últimos días fixéronse moitas manualidades e os nen@s levaron o seu traballo para a casa.



Ademáis, os corredores quedaron moi decorados e trouxeron moitas cabazas, seguro que o luns o cole encherase de imaxinación.




HAPPY HALLOWEEN!    E      FELIZ SAMAÍN!