viernes, 20 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL

3 anos: FELIZ NAVIDAD



4 anos: LOS COLORES Y LAS VOCALES VAN AL PORTAL



5 anos: VAN TRES REIS EN BICICLETA

miércoles, 18 de diciembre de 2013

CONTACONTOS




Hoxe na biblioteca tivemos una sesión de contacontos a cargo dun grupo de alumnos de 6º.
Contáronnos o conto "O primeiro Nadal dos animais", e por fin descobrimos a razón pola que hai uns días que o cole está cheo de debuxos de animais co traxe de Papá Noel....





Estivemos moi atent@s!

martes, 17 de diciembre de 2013

VISITA DE PAPÁ NOEL




Hoxe nada máis chegar ao cole tivemos una visita moi especial ...
dixerónnos que tiñamos que baixar ao patio e alí estaban tres elfos moi marchosos, a modo de banda de rock, que nos animaron para espertar a Papá Noel.
Despois de varios intentos alí apareceu e nos puxo a todos a cantar e a bailar ...quitounos o frío e o sono á vez!



















Ao final todo/as pasamos a entregarlle as nosas cartas á súa "manta-saco" onde as levou todiñas.







Podedes comprobar o ben que o pasamos:


lunes, 16 de diciembre de 2013

FIN DO 1º TRIMESTRE

O xoves 19 teremos o ensaio navideño ao que poderedes acodir (máximo 2 persoas por neno/a). Será á 1:00 no salón de actos. Abriranse as portas 10 minutos antes para non molestar aos alumnos de primaria. Ao remate podedes recoller os nenos na aula.
  • os de 4 anos traerán una camiseta holgada e lisa e pantalón vaquero
  • os de 5 anos virán vestidos con roupa escura, un casco de bici (se teñen) e un anaco de espumillón 

O venres 20 é o último día de clase, teremos o festival e a festa nas aulas.

As clases darán comezo de novo o 9 de xaneiro de 2014.

AS PROFES DE INFANTIL DESEXAMOS QUE PASEDES UN BO NADAL EN FAMILIA !

As sementes medran...

Lembrades as cabazas que prantamos? Hoxe estivemos observando que dúas das tres pipas de cabaza xa teñen follas. 
Qué emoción ver cómo se van facendo grandes!



O NADAL XA ESTÁ NA ESCOLA

Xa temos os nosos corredores decorados. 
Os triángulos que os nen@s levaron para a casa convertíronse en obras de arte que pasaron a formar parte dos nosos murales navideños. Foi tal éxito de participación de tivemos que facer varias árbores. 




Gracias a todas as familias pola vosa colaboración!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

SAIDA CASA DAS CIENCIAS

Os de 4 e 5 anos fomos a semana pasada visitar a Casa das Ciencias e o Planetario.
Experimentamos, tocamos, miramos e aprendemos moitas cousas interesantes.
Tamén subimos ao Planetario para ver a película "Fugaz" na que unha estreliña moi simpática falounos do universo, dos planetas e de un montón de cousas máis.
















 
  A experiencia gustounos moito .... o que non sabiamos é que, á volta do Nadal, imos aprender moitísimas cousas máis sobre o Universo, ... que interesante!!!!!!

lunes, 9 de diciembre de 2013

EL HOMBRE DE VITRUVIO .... LEONARDO DA VINCI



Traballando o corpo estivemos pensando como poderían antiguamente facer se non tiñan cámaras nin aparatos para ver o corpo por dentro ....chegamos á conclusión de que só poderían facer DEBUXOS .... coma as nosas versión da famosa lamina de Da Vinci:





MERENDAS SAUDABLES ...

Todo un éxito a semana de "merendas saudables" dos alumnos de 5. Os neno/as estaban moi motivados e concienciado/as e, gracias a vós, foi una experiencia moi enriquecedora!
Agora seguiremos insistindo en que as merendas que traen ao cole sexan a diario así de saudables e da importancia dunha boa dieta, pero xa queda nas vosas mans conseguilo. Sabede que dende a escola reforzaremos a comida sá, e as chuches só de cando en vez.

marchando á casa coas medallas acreditativas


jueves, 5 de diciembre de 2013

REVISADE AS CABEZAS ....

Apareceu algún "inquilino" na cabeza dos nenos .... xa sabedes!!!!

OS DE 4 FACEMOS MANUALIDADES DE INVERNO ...

Estes pasados días os alumno/as de 4 estiveron a traballar moito para elaborar diferentes murais e adornos para ambientar o cole. Mirade o ben que lles quedou o seu "GORDITO":




 
 


martes, 3 de diciembre de 2013

ENSAIANDO A CANCIÓN DE NADAL .... OS DE 5


Estamos a preparar o festival navideño con moita ilusión, coma todos os anos por estas datas.
Os de 5 imos cantar e escenificar a panxoliña "Van tres reis en bicicleta" do grupo Mamá Cabra.
Se queredes practicala cos nenos na casa aquí tedes un enlace para escoitar:

                         van tres reis en bicicleta

A letra é un pouco complicada, pero confiamos na capacidade dos nosos alumnos!

                         letra da canción

Veredes o ben que o fan.