domingo, 22 de junio de 2014

FIN DE CURSO

Chegou o final ..... Agora a disfrutar do verán!!!!












Verémonos en setembro ....

sábado, 21 de junio de 2014

REUNIÓN ALUMNOS NOVOS de 3 ANOS, curso 14/15

DÍA 25 ÁS 10 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA DO CENTRO.

jueves, 19 de junio de 2014

VAI CALOR ...

Estes derradeiros días do curso están sendo ben calorosos, ata a profe Teresa tivos que nos mollar no patio para "refrescar" un pouco. Foi diver!


CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

O pasado luns unha axente de policía local, Silvia, visitou aos nenos/as de 5 para lembrarlles nocións básicas de educación vial. Ademais da charla na aula acompañada duns debuxos  animados, fixemos un percorrido polas cercanías do cole para tomar conciencia do que nos tiña explicado. Ata paramos o tráfico para deixar pasar aos compañeiros!!!!!







FESTIVAL DE TALENTOS

Onte tivemos no cole os FESTIVAIS DE TALENTOS. En dúas tandas, algúns compañeiros/as exhibiron as súas destrezas sobre do escenario para cantar, bailar ou amosar algunha que outra habilidade. Aínda que era máis ben orientado á primaria, os de 5 quixemos participar ... e ata gañamos un premio!!!

Tratábase de que fosen os propios alumnos/as os implicados, que eles se encargaran de ensaiar e preparar a actuación, esta vez sen axuda de profes ... e resultou que temos grandes artistas, mirade:

Paloma e Noa, canción "Si me voy"

Ainoha e Antía, baile "Waka,waka"

Antía, exhibición ximnasia

Uxía e Diana, canción Malú

Laura, Noa, Noa, Daniela e Martina,
canción "La nieve en la montaña"

GAÑADORA  3º PREMIO

lunes, 16 de junio de 2014

CONTACONTOS

Hoxe os nen@s de 4 anos A tiveron unha sorpresa. A nai dun dos seus compañeiros veu á escola contar uns contos. 
Qué atentos estiveron! Coelliño Branco, A qué sabe a lúa, Cuanto... Cada nen@ ten o seu favorito.





jueves, 12 de junio de 2014

TREN

Xa vos contarían! ... pero para que o vexades:




debuxos dos nenos/as de 4 anos

martes, 10 de junio de 2014

PLAN RÚA



Onte os de 4 e hoxe os de 5 traballamos en obradoiros do Concello sobre a reciclaxe e o noso deber de manter limpa a nosa cidade.
Primeiro a mascota "RUITA" ensinounos imanes para concienciarnos sobre o tema e, despois, puxemos en práctica o aprendido cunha serie de xogos que nos gustaron moitísimo.
Agora o noso deber é concienciar tamén na casa aos nosos maiores .... entre todos é mellor!


  






jueves, 5 de junio de 2014

MONTE SAN PEDRO

Os alumnos de 5 anos realizamos hoxe a saída prevista nun principio para venres debido á previsión de choiva para a xornada de mañá. Observamos un montón de cousas interesantes sobre da nosa flora e fauna: tocamos romero, vimos diferentes árbores e paramos nun piñeiro, ...; vimos un coello, varios tipos de paxaros e parrulos e ata cantamos unha canción ao lado da lagoa. Foi un paseo ben intenso!
Mañá os monitores virán ao cole para facer actividades sobre esta saída e poñer en común máis cousas.










MÁIS TEATRO



O martes tocoulle o turno no teatro aos nosos compañeiros deste cole que asisten á clase extraescolar da APA. Representaron unha obra ideada por eles mesmos na que aparecían moitas personaxes dos contos tradicionais. Gustounos moitísimo ver no escenario a nenos e nenas das nosas clases de infantil e algún de primaria. Rematamos cun grandísimo aplauso!!!!

lunes, 2 de junio de 2014

Traballando na horta

Primeiro plantamos  na clase e agora na horta do cole. 
Fixémolo moi ben porque xerminaron as sementes de cabaza, azuki, fabas, cebola e leitugas. 




Hoxe trasplantámolas e todos participaron traballando a terra ou regando. 
Esperamos ver medrar as nosas plantas nestas semanas que quedan ata rematar a escola.