lunes, 21 de diciembre de 2015

FESTIVAL NADAL 2015

O xoves e o venres os nosos pequenos artistas subiron ao escenario para amosar a familiares e compañeiros as súas dotes coma cantantes, bailaríns e actores.
Aquí tedes unha pequena mostra:








Gracias ás familias pola colaboración nos vestiarios: estaban todos/as guapísimos/as!

E fixérono de marabilla! Parabéns para todos!


O EQUIPO DE PROFES DE INFANTIL DESEXAMOS UNHAS MOI FELICES FESTAS PARA TODAS AS FAMILIAS.
VÉMONOS O DÍA 7 DE XANEIRO.

viernes, 11 de diciembre de 2015

FROITA CREATIVA




Os de 4 fixemos hoxe un obradoiro de alimentación con diferentes froitas: miramos como son, como ulen, como saben, a súa textura, ...
Cortámolas en anaquiños e fixemos formas e figuras con elas: unha cara, unha illa, unha flor, ... algúns "debuxos" moi clariños, outros máis abstractos ... pero todos participaron con moito interese.
Por suposto, despois comémolas (uns máis que outros). Todos probamos, incluso as froitas descoñecidas, polo que levamos unha estrela de premio.


 





jueves, 10 de diciembre de 2015

CHEGA O NADAL

Xa temos moi ambientado o cole para as datas que se están a achegar. O espirito navideño invade os corredores e as aulas, as panxoliñas soan, os ensaios para o festival progresan, ... os nenos e as nenas viven este tempo con moita emoción.





















O ENSAIO XERAL AO QUE PODEDES ASISTIR AS FAMILIAS SERÁ O XOVES DÍA 17 ÁS 13:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO COLE (no terceiro andar). XA QUE O ESPACIO É MOI REDUCIDO PREGAMOS QUE SÓ ASISTAN 2 FAMILIARES POR NENO/A.


miércoles, 9 de diciembre de 2015

SORPRESA ...

3 anos A
Esta mañá recibimos a visita sorpresa de Papa
Noel que recolleu todas as nosas cartas e, a cambio, premiounos con unha piruleta. Que emoción!

3 anos B

4 anos A
4 anos B

5 anos A
5 anos B







DA SEREÍÑA A BRANCANEVES




Os de 4 vimos de rematar o traballo de "A Sereíña" e comezamos xa con "Brancaneves". Agradecemos, coma sempre, o material que poidades aportar ás aulas sobre este conto. Traballarémolo agora e tamén á volta das vacacións do nadal.











miércoles, 2 de diciembre de 2015

VIRÁN PAPA NOEL OU OS REIS MAGOS?

Xa estamos a elaborar as nosas cartas para Papá Noel e os Reis Magos. Aínda que este ano non está prevista desde o concello a visita destes ilustres personaxes, esperamos que a maxia nos acompañe e poidamos entregar as nosas cartas a algún deles ... polo de agora xa apareceu un misterioso "buzón real".



DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o vindeiro luns 7 de decembro non haberá clase.

domingo, 29 de noviembre de 2015

PLANTACIÓNS, 25/11/15

Estamos a plantar bulbos en todas as aulas para ver e experimentar como nacen e crecen.
Temos ranúnculos, narcisos e jacintos.
Primeiro preparamos a terra con abono e restos de alimentos (plátano e ovo). Despois puxémolos na terra e agora toca regar un pouco todos os días e esperar a que nazan...







sábado, 14 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015

Onte desfrutamos dunha xornada especial para celebrar  a festa do magosto no noso cole.
Os profes organizamos diversos xogos segundo as idades dos alumnos/as. Para infantil tivemos xogos de encestar, de correr,  de adiviñar, ... e despois comemos todos xuntos as ricas castañas que se estiveron a asar no patio ao longo da mañá. Non a todos nos gustan por igual, pero, alomenos, case todos probamos.

jueves, 5 de noviembre de 2015

TEMPO DE MAGOSTO!

O vindeiro venres 13 organizaremos o magosto no cole. 

 Precisamos unhas pouquiñas castañas cun  pequeno corte para que non estoupen no lume (a partires do martes).

 E tamén que cada quen traia un recipiente para botalas e comelas. Todos os anos pedimos un modelo sinxelo, reciclado e, sobre todo, moi útil xa que ten dous espacios: un para as castañas e outro para ir botando as cáscaras ao as ir comendo. Colgado cunha cinta é moi práctico para poder ter as mans libres.


miércoles, 4 de noviembre de 2015

OBRADOIRO DA OMIC

Os de 4 e 5 anos tivemos onte un obradoiro no que fixemos xogos, actividades e escoitamos un conto. Estaba organizado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor.
En 4 anos o conto falaba da importancia do consumo de froitas e verduras no lugar de chuches, polo que estaba moi relacionado co noso proxecto deste curso.






lunes, 2 de noviembre de 2015

miércoles, 28 de octubre de 2015

EXPOSICIÓN DE CABAZAS



Xa temos unha morea de cabazas na exposición para Samaín. As dúas entradas de cada un dos edificios están a rebosar de colorido e ambiente propio destas datas.

Valoramos moito a implicación das familias nos traballos de decoración de cabazas, pero, sobre todo, o que poden facer os neno/as participando na súa elaboración. Non por ser máis sinxelas perden o seu encanto.

Mañá á saída ás 2 podedes pasar para ver a exposición e recoller as que aínda sirvan ou, alomemos, os accesorios empregados.

Moitas gracias a todos e ....feliz Samaín! 

Vémonos martes día 3.





martes, 27 de octubre de 2015

DE TODO UN POUCO



Os de 5 están inmersos no proceso de aprendizaxe da lectoescritura. Sabedes que cada quen ten o seu propio ritmo: desde os que xa len palabras ata o que aínda non recoñece algunas letras ...é un proceso longo e individual.
Pero, ademais, teñen tempo de facer moitas outras cousas, coma decorar a zona das aulas con motivos do samaín ...


5 anos B


5 anos A