Cada un dos grupos de 5 anos foron esta mañá facer unha visita máis un obradoiro no Mac. Foi moi interesante descubrir máis cousas sobre da luz, ... e moi divertido experimentar con ela.
Os alumnos de 4 e 5 anos asistiron esta mañá en dous turnos a unha función teatral "Se eu fose maior". Disfrutaron do espectáculo e se portaron de marabilla, xa vos contarían!
E mañá máis, os de 5 visitarán o Museo de Arte Contemporáneo ...
Os de 3 comezamos a traballar o conto de "A ratiña presumida". Aprenderemos cousas sobre os animais, palabras novas, a cor azul, o triángulo e trazos oblícuos, o tempo de inverno e moitas cousas máis!
Xa sabedes que se tedes algo pola casa relacionado co tema será benvido na aula estes días.
A pesar do mal tempo o desfile do Wenceslao foi todo un éxito. Gracias ás familias pola colaboración, pola compañía e por tantas loubanzas como escoitamos cara ao noso traballo. Sentímonos realmente agradecidas!
3 anos A
3 anos B
4 anos A
4 anos B
5 anos A
5 anos B
Se queredes lembrar o ritmo que nos acompañou, aquí tedes o enlace á canción:
O VENRES disfrazarémonos todos de pintores nas clases (xa vedes canto temos traballado). Traerán comida de entroido para compartir (no lugar da merenda habitual). A partir das 12;30 terá lugar o desfile ao que podedes asistir. Ao finalizar podedes recoller aos alumnos sempre avisando antes á titora correspondente.
As clases retómanse o vindeiro xoves día 19 de febreiro.
Os de 4 están a traballar o tema de Exipto con moita ilusión. Hoxe tiveron varias sorpresas, mirade quen apareceu no sarcófago, ... a quen se vos asemella?
Non saímos dunha e metémonos na seguinte ..... o venres 13 celebramos o entroido no cole. Este ano o tema elixido é "Formas e cores", e todos os alumnos/as de infantil disfrazarémonos de PINTORES. Xa estamos a comezar nas aulas coa elaboración dos nosos disfraces... imos desfilar requeteguapos!!!
Por suposto que estades todos invitados .... xa vos iremos contando!