jueves, 30 de abril de 2015

MUSEO BELAS ARTES

Os de 3 anos fixemos esta mañá unha visita ao museo. Cumplimos moi ben as normas de "non berrar", "non correr" e "non tocar". Eso si, miramos moi atentamente as obras de arte e escoitamos con interese as explicacións que nos deron. Diferenciamos cuadros e esculturas e os materiais empregados en cada unha das disciplinas. Ata realizamos a nosa propia obra que levamos orgullosos para casa. Acabamos cansos de tantas escaleiras coma subimos e baixamos ... pero valeu a pena!





 



martes, 28 de abril de 2015

LEMBRAMOS QUE O VINDEIRO LUNS 4 DE MAIO NON HAI CLASE

CONCURSO MARCAPÁXINAS

O equipo de biblioteca do centro ven de resolver o concurso de marcapáxinas convocado para todos os alumnos do cole co tema da "LUZ". No blog da biblioteca tedes máis información. Aquí tedes os gañadores de infantil:


3 anos A.- Aitana G.
3 anos B.- Sheila
4 anos A.- Antía
4 anos B.- Juan
5 anos A.- Sergi
5 anos B.- Daniela
O elixido para infantil foi o de Sheila.
Noraboa a todos os participantes!

martes, 21 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro desde o Equipo de Biblioteca do cole propuxéronnos elaborar unhas "pegadas" nas que cada quen escribira o título do seu libro favorito e fixera un pequeno resumo (os de infantil en versión debuxo).
Agora estamos a colocalas polas paredes do cole para facer un camiño moi longo con todos eses nosos libros favoritos e fomentar, na medida do posible, o gusto pola lectura.

 

SAÍDA SANTA MARGARIDA

   Os de 3 fixemos onte unha visita ao parque no que fixemos diversas actividades: Cascanueces tiña feito das súas e a nosa tarefa era axudarlle a que todo no parque estivera en orde.






 

Contáronnos unha historia sobre o nacemento das árbores e como poder darlle nós toda a nosa enerxía para creceren fortes e altos.










   Manipulamos diferentes obxectos para observar o tempo meterolóxico do sol, da chuvia e máis do frío.






 

   Coa axuda das lupas buscamos e clasificamos sementes, follas, ramas, ... das diferentes árbores do entorno.




 




   E, finalmente, clasificamos moito lixo que por alí había tirado, nas cestas verde, amarela e azul.










Coma era a nosa primeira saída foi todo moi emocionante!






domingo, 19 de abril de 2015

CONCERTOS EN ABRIL

Esta semana os nen@s de 4 e 5 anos fomos a dous concertos moi diferentes:
Fundación Abanca
Na fundación Abanca tivemos a oportunidade de cantar e bailar con Magín Blanco ao tempo que nos contaron o conto ¨A nena e o Grilo¨



 Foi toda unha aventura baixar no ascensor panorámico!!!!
 
Palacio da Ópera
Nesta ocasión disfrutaron dun concerto didáctico que nos acercaba o jazz a través da banda sonora dos debuxos animados: Tom e Jerry, a Pantera Rosa, os Simsons, os Picapedra...

viernes, 17 de abril de 2015

AS NOSAS SEMENTES XA TEÑEN XERMINADO!


PRIMAVERA


Así é a primavera: hai uns días que estabamos a regarnos no patio pola calor, e agora temos a chuvia outra vez con nós ...

jueves, 16 de abril de 2015

CONTACONTOS


Onte tivemos unha sesión de contacontos na que Iago contounos un conto da nena Augusta aprendeu a
vencer os seus medos, que eran moitos! Tiña medo ás caixas, aos avións, aos nenos e ás nenas, ás vacas, ...

Foi moi divertido acompañar o conto con xestos e escoitar con atención a historia.