jueves, 25 de junio de 2015

ÚLTIMO DÍA DO CURSO

Celebramos o derradeiro día do curso cun montón de actividades divertidas: tizas, caras pintadas, medallas conmemorativas, pompas de xabón, pingas de auga, ... e, por suposto, festas en cada unha das aulas.
Despedimos aos nenos e nenas de 5 anos que o vindeiro curso pasan a primaria. Rematan a súa etapa en infantil, cambian de profes, de aulas, de patio, .... pero seguen a ser os nosos compañeiros e compañeiras .... verémonos moito polo cole!









AS PROFES DE INFANTIL DESEXAN QUE PASEDES UN FELIZ VERÁN. ATA SETEMBRO!

jueves, 18 de junio de 2015

EXCURSIÓN DE INFANTIL


Disfrutamos dunha fermosa xornada de xogos no albergue La Merced de Santa Cruz. Bailamos, cantamos, revolvimos na herba ou xogamos á pomba branca - pomba negra, ...rematamos esgotados!
...pero algún non tanto! ... que continuou a festa pola tarde no cole organizada pola ANPA
...VAIA DÍA!!!!!
e mañá máis ....O REMATE FINAL!!!!
5 anos

5 anos

Todos xuntos


Todos xuntos
4 anos
4 anos
 
3 anos

3 anos

 







miércoles, 17 de junio de 2015

PICNIC


Para celebrar a última clase de inglés os nen@s de 5 fixeron un picnic no xardín do cole.

Primeiro cortaron froita e fixeron unhas brochetas de frutas ás que as profes Isa e Mila poñían chocolate. 

Eso sí... en inglés.








Estaban boísimas e non quedou nada!!!




lunes, 15 de junio de 2015

DISFRAZ DE MAN


 


                                             Para rematar o tema das mans os de 3 fixemos unha manualiade na que disfrazamos unha man. Cada quen pensou un disfraz que lle gustaba e, cunha morea de imaxinación, elaboramos unhas lucidas marionetas. Temos de todo: carapuchiñas, princesas, lobos, canciños, spidermans, cabaleiros máis un parruliño, unha fantasma e un coche .... variedade, non si?

PARQUE DE SAN PEDRO



Os nen@s de 5 anos fixeron a saída ao parque de San Pedro.
Nos días pasados tivemos unhas charlas e un pequeno taller con monitores do concello. Vimos algúns exemplos da fauna e flora que podiamos atopar neste parque.

Ainda que ía moito vento e facía frío disfrutamos moito e seguro que están desexando voltar para compartilo coas súas familias.



Mostrando IMG-20150612-WA0005.jpg   Mostrando IMG_20150612_100500.jpg


Mostrando IMG_20150612_104236.jpg            Mostrando IMG_20150612_103253.jpg




      Mostrando IMG-20150612-WA0003.jpg       Mostrando IMG_20150612_112538.jpg

     




domingo, 14 de junio de 2015

VALENTINA

O pasado venres marchou do noso cole unha compañeira que nos acompañou en 3 anos B ao longo deste curso, pero que xa non compartirá máis momentos connosco xa que vai vivir noutro lonxano país: o Ecuador.
Botarémola de menos, pero seguro que terá moitos novos amigos aló. Fixemos unha festa para despedila e un agasallo con todos os nosos debuxos. Ata sempre, Valentina!!!






viernes, 12 de junio de 2015

REMATANDO OS TRABALLOS

Xa está a rematar o 3º trimestre e, con el, o curso 2014/2015.
Os de 3 estamos estes días a traballar na portada do noso libro de "O PARRULIÑO FEO" que levaremos á casa en breve ....




miércoles, 10 de junio de 2015

MONDRIAN

Este curso coñecemos diferentes xeitos de pintar. Agora tocou o momento da arte abstracta.
Eleximos esta vez un pintor algo menos coñecido que os anteriores: MONDRIAN.
Os seus cadros están cheos de cor e formas xeométricas. Os nen@s fixeron as súas propias obras inspirados no cadro orixinal "Composición oval" 





A nosa exposición

A réplica do cadro, 

 

TEATRO DOS NOSOS COMPAÑEIROS

Esta mañá alumnos/as do noso cole fixeron dúas representacións teatrais para nós. Eran os alumnos/as da actividade extraescolar de teatro da ANPA. Foi emocionante ver aos nosos propios compañeiros/as no escenario.












A primeira era dos alumnos máis pequenos, trataba do conto de "Blancanieves"














Despois os máis grandes representaron unha obra muda acompañada tan só de música.








Noraboa a estes grandes actores e actrices!!

viernes, 5 de junio de 2015

ANIMALANDIA EN 4

Os de 4 remataron o tema dos animais cunha verdadeira fauna nas aulas! Elaboraron diversas manualidades e encheron os espacios de animais, mirade:


















Bo traballo!!!