miércoles, 28 de octubre de 2015

EXPOSICIÓN DE CABAZAS



Xa temos unha morea de cabazas na exposición para Samaín. As dúas entradas de cada un dos edificios están a rebosar de colorido e ambiente propio destas datas.

Valoramos moito a implicación das familias nos traballos de decoración de cabazas, pero, sobre todo, o que poden facer os neno/as participando na súa elaboración. Non por ser máis sinxelas perden o seu encanto.

Mañá á saída ás 2 podedes pasar para ver a exposición e recoller as que aínda sirvan ou, alomemos, os accesorios empregados.

Moitas gracias a todos e ....feliz Samaín! 

Vémonos martes día 3.





martes, 27 de octubre de 2015

DE TODO UN POUCO



Os de 5 están inmersos no proceso de aprendizaxe da lectoescritura. Sabedes que cada quen ten o seu propio ritmo: desde os que xa len palabras ata o que aínda non recoñece algunas letras ...é un proceso longo e individual.
Pero, ademais, teñen tempo de facer moitas outras cousas, coma decorar a zona das aulas con motivos do samaín ...


5 anos B


5 anos A



OS DE 3 XA COÑECEN O COLE ...

Os máis pequenos do cole xa estamos moi afeitos ás rutinas e os diferentes espacios do cole: as aulas, os baños, os patios, o comedor, ... E tamén aos profes que están connosco tanto na aula coma no patio. Ademais, o tema que traballamos nos cuaderniños é precisamente este "O COLE" ... para que nos quede moi clariño!
3 anos A


3 anos B


sábado, 24 de octubre de 2015

SAMAÍN

Sabedes que ao longo da videira semana faremos as exposicións de cabazas para conmemorar o samaín no cole. Os que queiran participar poden traelas ás aulas e un equipo de profesores do centro fará unha selección de gañadoras (1 por aula) ao final da semana.
Tedes a explicación da súa elaboración na páxina "SAMAÍN" deste blog.

Lembramos que o venres día 30 non hai clase por celebrarse o día do ensino.

Ánimo e a deixar voar a imaxinación!

jueves, 22 de octubre de 2015

TEMPO DE OUTONO


   Xa estamos inmersos no tempo de outono co frío, calor, choiva, sol, .... e, sobre todo, co seu típico colorido  en tonos verdes e marróns.
   Ben o saben os de 3 anos que están a traballar nas aulas o tema, tanto nos seus cuaderniños coma nos diversos murais que adornan o cole. 
   Implicáronse moito na recolleita de follas secas que trouxeron para encher a nosa árbore da entrada. 
   Graciñas ás familias pola colaboración!




DOS OFICIOS ÁS CASAS ...

Os de 5 anos veñen de rematar o traballo sobre das profesións ....



.... e, coma se fosen verdadeiros arquitectos/as, comezarán en breve a ver diferentes tipos de vivendas e as súas dependencias:

miércoles, 21 de octubre de 2015

TRABALLAMOS ARTE

Os de 4 seguimos a traballar o conto de "A Sereíña" e queremos experimentar unha técnica nova coa pintura. Seguindo o modelo de Paul Klee imos facer cadanseu cadro "Peixe máxico": pintando primeiro toda a superficie de cores vivos, logo tapando todo con cor negra para, finalmente, rascar esa cor facendo que os debuxos tomen forma. Desta vez as ceras son moi brandiñas ...igual vamos un pouco manchados para a casa!





martes, 20 de octubre de 2015

AO RITMO DAS MARACAS

Os de 4 estamos a facer na clase de música un instrumento musical con material reciclado: unhas maracas. O profe Alfredo axudóunos a meter uns graniños de arroz e unhas poucas lentellas nunha botelliña de iogur para producir son.



Con elas acompañamos diferentes cancións e fixemos diversos ritmos ...foi divertido!

sábado, 17 de octubre de 2015

TEATRO NO FORUM





O pasado venres os de 4 e os de 5 desfrutamos dunha sesión de teatro no Forum. A obra titulábase "FEO", en relación ao coñecido conto "O parruliño feo".
A compañía galega Caramuxo trasladounos moitos anos atrás e fíxonos pensar na importancia da diversidade: non todos somos iguais! ... moito mellor se hai parruliños de cores diferentes!

Pasámolo ben, soubemos comportarnos e aprendemos fóra da aula.










miércoles, 14 de octubre de 2015

EDUCACIÓN VIAL


  Coa fin de mellorar a orde nas baixadas e subidas dos alumn@s polos corredores do cole, os profes do Equipo de Actividades Extraescolares están a promover a distribución do interior dos edificios coma se fosen estradas, coas súas rotondas e sinais de tráfico incluídas. Polo de agora estase a facer no edificio grande, despois tocará o turno ao edificio de infantil.
   Pretendemos que os nen@s se familiaricen coas normas da Educación Vial, traballala nas aulas xa que forma parte do currículo escolar, e poñela en práctica a diario nos tránsitos polo interior do cole.
   Así que, xa sabedes!, ollo cos sinais cando entredes polo centro ... TODOS temos que respectar as normas!

 

martes, 13 de octubre de 2015

ENFERMEDADES CONTAGIOSAS





Les informamos que durante las dos últimas semanas un gran número de niñ@s y profesoras han estado afectados por GASTROENTERITIS. 

Por el bien de toda la comunidad educativa, les recordamos que los alumn@s afectados por alguna enfermedad susceptible de contagio DEBEN PERMANECER EN CASA hasta su total recuperación.