domingo, 29 de noviembre de 2015

PLANTACIÓNS, 25/11/15

Estamos a plantar bulbos en todas as aulas para ver e experimentar como nacen e crecen.
Temos ranúnculos, narcisos e jacintos.
Primeiro preparamos a terra con abono e restos de alimentos (plátano e ovo). Despois puxémolos na terra e agora toca regar un pouco todos os días e esperar a que nazan...







sábado, 14 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015

Onte desfrutamos dunha xornada especial para celebrar  a festa do magosto no noso cole.
Os profes organizamos diversos xogos segundo as idades dos alumnos/as. Para infantil tivemos xogos de encestar, de correr,  de adiviñar, ... e despois comemos todos xuntos as ricas castañas que se estiveron a asar no patio ao longo da mañá. Non a todos nos gustan por igual, pero, alomenos, case todos probamos.

jueves, 5 de noviembre de 2015

TEMPO DE MAGOSTO!

O vindeiro venres 13 organizaremos o magosto no cole. 

 Precisamos unhas pouquiñas castañas cun  pequeno corte para que non estoupen no lume (a partires do martes).

 E tamén que cada quen traia un recipiente para botalas e comelas. Todos os anos pedimos un modelo sinxelo, reciclado e, sobre todo, moi útil xa que ten dous espacios: un para as castañas e outro para ir botando as cáscaras ao as ir comendo. Colgado cunha cinta é moi práctico para poder ter as mans libres.


miércoles, 4 de noviembre de 2015

OBRADOIRO DA OMIC

Os de 4 e 5 anos tivemos onte un obradoiro no que fixemos xogos, actividades e escoitamos un conto. Estaba organizado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor.
En 4 anos o conto falaba da importancia do consumo de froitas e verduras no lugar de chuches, polo que estaba moi relacionado co noso proxecto deste curso.






lunes, 2 de noviembre de 2015