domingo, 31 de enero de 2016

ENTROIDO 16




Xa entramos na semana  do entroido!  Estade moi atentos ás mandas que, coma todos os anos, animarán á festa ao longo desta semana. Para mañá xoves:


Lembramos que o xoves os rapaces poden vir disfrazados da casa como queiran (evitando accesorios perigosos e disfraces incómodos). Ou seguir a manda ...a gusto de cada quen!

O vindeiro venres día 5 de febreiro temos previsto festexar o entroido no noso cole. Este ano o tema elixido é a educación vial. Cada aula está a preparar os disfraces relacionados, en infantil farémolos nas clases:
3 anos.- sinais de prohibido
4 anos.- semáforos
5 anos.- sinais de ceda o paso
No caso de precisar algún complemento xa volos pedirán as titoras correspondentes.

Como novidade pretendemos sair do centro e facer o desfile polas rúas cercanas, sempre e cando o tempo o permita (no caso contrario aprazaríase o día da celebración). O percorrido sería ata a rúa peonil Ángel Senra, cruzando a Ronda de Outeiro acompañados pola policía municipal, para parar á volta na praza da estación a cantar. Próximamente confirmaremos día e horario.
Lembrade tamén que este día a merenda será especial e compartirémola entre todos os compañeiros.

miércoles, 27 de enero de 2016

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

XUNTOS POLA PAZ



O vindeiro día 30 de xaneiro é o día escolar pola paz. Como sabedes, xa o temos conmemorado con anterioridade celebrando o Mercadillo Solidario, pero nas aulas de infantil estamos a realizar diversos traballos e a seguir falando do tema.

3 anos

4 anos



5 anos

martes, 26 de enero de 2016

PROFES DE PRÁCTICAS

Ao longo do vindeiro mes teremos en infantil dúas profes en prácticas: Giulia na aula de 5 anos B e Katia en 4 anos B .... seguro que escoitades falar delas na casa!

lunes, 25 de enero de 2016

BONILLA

Os de 4 anos fomos esta mañá visitar a fábrica que Bonilla ten no polígono de Sabón. Alí elaboran e envasan as súas famosas patacas fritas e nós vimos todo o proceso. Como este ano estamos a traballar o tema de "Os alimentos" foi moi interesante.
ao chegar tivemos que poñer unha bata

primeiro lavan as patacas

despois córtanse e métense en auga salgada

unha vez fritas embólsanse

por último se meten en caixas que levan os camións ao seu destino

ao marchar levamos un agasallo


viernes, 22 de enero de 2016

MERCADILLO SOLIDARIO

Todo un éxito o noso mercadillo ...e todo gracias a vós! O máis importante, a recadación: 1.943 euros!!! Todo un récord!





















E o chocolate cos churros ricos, ricos, ricos ...












Os números agraciados no sorteo foron o 58 (correspondente a unha alumna de 4º) e o 458 (alumna de 6º). Noraboa!

martes, 19 de enero de 2016

DÍA DA PAZ 2016

Un ano máis con motivo do día da paz o noso cole organiza o "Mercadillo solidario".
Ao longo da pasada semana moitos nenos e nenas trouxestes xoguetes desinteresadamente para donar. O vindeiro venres día 22 terá lugar o mercadillo no que se ofrecerá chocolate con churros e se poderán comprar eses mesmos xoguetes. 
Todo o recadado neste día irá destinado á ONG Miradas al mundo, que fará un pozo ou parte dunha escola en Guinea Bisau con eses cartos.
Esperamos fomentar o espirito solidario nos nosos alumnos/as desde ben pequenos e que perdure ao longo de toda a súa vida.
Moitas grazas pola vosa xenerosa colaboración!





MIRADAS AL MUNDO

Onte tivemos unha visita especial. Na biblioteca estaban María e Bebe, dous integrantes da ONG "Miradas al mundo" coa que o noso cole colabora dende hai 5 anos mediante a organización do "Mercadillo Solidario".
Eles nos explicaron e amosaron imaxes de como é a vida na África, onde viven nenos e nenas coma nós, mulleres e homes coma os nosos pais e nais, pero que viven dun xeito moi diferente ao noso.
Sabemos que non teñen cartos, que non sempre teñen alimentos que comer e que moitos deles nunca virou un xoguete, polo que pensamos que sería xente moi triste ...pero nada diso! Sorprendéronnos coas súas risas e alegría de vivir.

Ao final acabamos todos cantando e bailando unha canción típica que cantan as nais aos seus fillos que levan nas costas mentres traballan no campo.

domingo, 17 de enero de 2016

EDUCACIÓN VIAL

Os compis de todo o cole, e nós mesmos, seguimos a lembrar de cando en vez algúns consellos de educación vial que nos sirven tamén para "circular" polo noso centro. 
Desta vez tocoulles o turno a dúas compañeiras de 1º curso de primaria que nos trouxeron un cartel no que dicía que non debemos correr polas escaleiras. Terémolo en conta!


jueves, 7 de enero de 2016

AGASALLOS DE NADAL





Cando chegamos esta mañá ao cole levamos unha sorpresa xa que tiñamos unha morea de paquetes que "alguén" deixara  alí para todos nós.
Moi emocionados abrímolos e descobrimos puzzles e outros xogos qu pasarán a formar parte dos xoguetes de aula.
Graciñas a Papa Noel, aos Reis Magos ou a quen fose!