jueves, 21 de abril de 2016

QUIJOTE DE PLASTILINA

Os de 5 anos estiveron a facer diferentes figuras relacionadas coa temática do Quijote utilizando plastilina ...son uns artistas!

 



EDUCACIÓN VIAL

Hoxe os de primaria tiveron unha xornada de educación vial moi práctica. Moitos compis trouxeron bicis e patinetes para participar nun circuito organizado pola policía local da Coruña. Había dende semáforos ata pasos de peóns e diferentes direccións para circular.
Os de infantil fomos ver como os nenos e nenas de primeiro realizaban o seu percorrido. Había algún que outro amigo e tamén irmáns ou curmáns. 
Gustaríamos ter participado, pero teremos que agardar, amolemos, ata o curso que ven.



ADOPTAMOS ÁRBORES

Entre as moitas plantacións que fixemos este curso obtivemos 4 castaños e 1 mandarino nas nosas aulas. Hai uns días preguntamos quen podería facerse cargo dalgún deles e tivemos que facer un sorteo entre ditas solicitudes. Os agraciados son:
Pablo (3 anos B)
Javier (4 anos A)
Alba (4 anos B)
Brais (4 anos B)
Sofía (5 anos B)

Parabéns! ...esperamos que as vosas árbores crezan fortes!

martes, 19 de abril de 2016

TEATRO INFANTIL

Esta mañá nenos e nenas coma nós, pero do cole María Pita, viñeron representar unha obra teatral sobre as personaxes de contos que non son tan boas ou tan malas coma normalmente semellan nos contos.
Fixérono requetebén e nós escoitamos moi atentos. Ata cantamos todos xuntos!


viernes, 15 de abril de 2016

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Despois de moita deliberación, o xurado resolveu o concurso de marcapáxinas 2016.
Os gañadores finais foron Adrián por educación infantil e J. Manuel por educación primaria.  Os dous debuxos serán impresos no noso marcapáxinas oficial do cole. Parabéns!!!!


Ademais, hai un gañador por aula que recibirá un agasallo o día do festival das letras galegas, o vindeiro 20 de maio:


3 anos A.- Carmen
3 anos B.- Alís

4 anos A.- Javier
4 anos B.- Javier

5 anos A.- Candela
5 anos B.- Adrián

Noraboa a todos os participantes!!!

jueves, 14 de abril de 2016

OS DE 5 TEÑEN ARTE!



En 5 anos veñen de rematar o seu cuaderniño de traballo sobre da arte.  Dende Velázquez ata Monet pasando  por motivos outros, aprenderon un montón de cousas e fixeron traballos realmente fantásticos, aquí tedes a proba:




PROFESIÓNS

Hoxe o pai de Bruno de 4 B, Alberto, apareceu na clase vestido co seu uniforme de traballo: policía local. 
Estivemos moi atentos a todo o que nos dixo e moitos de nós tiñamos tamén moito que contar ...incluso que ás veces os papis esquecen poñer o noso cinto de seguridade na silla do coche, ou que cruzamos a vía sen ser polo paso de peóns, ...pequenos segrediños que quedarán entre nós. Pero xa nos lembrou Alberto como debiamos facer.
Por suposto, o que máis nos interesou foi que nos ensinara todos os aparellos que leva no seu cinto: desde unha radio ata unha linterna ou unha porra.

E unha mensaxe importante: podemos acudir a un policía na rúa se estamos en apuros, sempre nos axudará.






Moitas gracias, Alberto!

martes, 12 de abril de 2016

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

feito polos de 4 anos

Os nenos e nenas de infantil estamos a participar ao noso xeito do cuarto centenario da morte de Cervantes. Estamos a coñecer cousas sobre del e sobre das súas persoaxes, sobre todo Don Quijote. Ao longo deste mes, no que celebramos o día do libro, traballaremos este tema ademais dos propios de cada nivel.


5 anos B

5 anos A
feito polos de 3 anos

lunes, 11 de abril de 2016

PROFESIÓNS



Desta vez Juan, pai de Brais de 4 anos B, estivo na nosa aula explicando o seu traballo de calefactor. Todos estivemos de acordo na importancia de ter auga quente e calefacción nas casas e nos coles, contounos de que cores poden ser os cascos das persoas que traballan nunha obra, trouxonos un montón de ferramentas que utiliza no seu traballo e mesmo probamos luvas, gafas e demais porque é fundamental a protección dos traballadores. Ata nos fixo un cartel para a clase de 4B.
Pareceunos moi interesante e aprendemos unha morea de cousas novas.
Graciñas Juan.



viernes, 1 de abril de 2016

PROFESIÓNS

Desta vez tocóulle o turno a María, mamá de Mía de 4 anos B. Explicóunos o seu traballo que ten un nome moi raro: "enxeñeira". Díxonos como deseñan, buscan e controlan os materiais que precisan, miden, ubican, ... diferentes obras coma casas, coles, parques ... e mesmo castelos!
Gustounos moito todo o que nos contou ... e xa temos alguns candidatos a futuros enxeñeiros:


GRACIAS MARÍA!

PIOLLOS

Teñénse detectado varios casos de piollos, así que lembramos que non está de máis revisar cabezas e tomar as medidas axeitadas.
No cole é fundamental evitar contaxios!!!!!
Graciñas