Os alumnos/as de 4 anos visitamos ante a casa das ciencias. Primeiro subimos ao planetário onde nos proxectaron un conto moi chulo sobre unha nena que camiñaba cara abaixo, do revés, así o mundo mírase doutro xeito! Despois pasamos aos dous andares onde había un montón de experiencias para facer e, finalmente, visitamos a incubadora dos pitiños.
lunes, 30 de mayo de 2016
miércoles, 25 de mayo de 2016
TEATRO
Os de 4 e 5 anos, namentras os de 3 visitaban aos peixes do Acuario, estivemos a ver un conto representado por nenos e nenas da escola infantil Luis Seoane. Só tiñan 2 e 3 aniños, eran ben pequerrechos, pero fixeron requetebén "O mago de Oz".
VISITA AO ACUARIO
Os nenos e nenas de 3 años por fin fixeron a súa primera saída.
Estaban moi ansiosos por ver a Gastón pero disfrutaron con todos os animais mariños: peixes, focas, polbos, cabaliños de mar, vieiras, medusas, estrelas de mar ...
Atenderon a todas as explicacións da monitora e de seguro que están desexando voltar.
sábado, 21 de mayo de 2016
ACTUACIÓN LETRAS GALEGAS 2016
Un fortísimo aplauso para os nosos grandes artistas que fixeron unhas actuacións espectaculares. Aquí vos deixamos unha pequerrechiña mostra, pedimos de antemán disculpas pola mala calidade das imaxes, pero para que vos fagades unha idea ...
3 anos
4 anos A
4 anos B
5 anos
Moitas gracias a todas as familias que colaboraron cos vestiarios e as larpeiradas nas clases que así o pediron. E tamén gracias aos compañeros de primaria e ao profe Alfredo pola música en directo. FOI UNHA XORNADA DE FESTA EN GALEGO.

miércoles, 18 de mayo de 2016
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016
O venres 20 teremos no noso cole o festival das letras Galegas deste ano:
Os alumnos de 3 anos recitan unha poesía (Chegou a primavera). Deben vir vestidos con pantalón vaqueiro e cor branca na parte de arriba.
Os alumnos de 4 A cantan unha canción (Polo Pepe) e recitan unha poesía (O cuco, de Manuel María).
Os alumnos de 4 B bailan unha muiñeira (A muiñeira de Lugo). Deben traer un foulard.
Os alumnos de 5 anos cantan unha poesía (tamén de Manuel María, O meu año branco).
De seguro que serán todas grandísimas actuacións ...ilusión non lles falta!

sábado, 14 de mayo de 2016
HAPPY FAMILY DAY
O día 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional da familia.
Os nenos e nenas de 5 anos prepararon na clase de inglés un pequeno agasallo que enviaron por correo.
Para moitos foi a súa primeira carta, algúns descoñecían o que era un selo de correos e para qué servía... están xa inmersos nun mundo moito máis tecnolóxico!

Happy family day!
martes, 10 de mayo de 2016
DÍA NON LECTIVO
VIAXE AO FUTURO
Os de 5 veñen de rematar o cuaderniño da viaxe ao futuro. Deixaron voar a súa imaxinación:
Agora toca comezar co tema dos animais.
Agora toca comezar co tema dos animais.
domingo, 1 de mayo de 2016
FELIZ DÍA MAMIS!
GALLETITAS
Os de 4 estivemos a facer tamén galletas dentro do noso proxecto de comida, e aproveitamos para darlles unha saborosa sorpresa ás mamás:
Agora só queda saber se as mamis lles gustaron ... de seguro que si!
machacamos galletas maría |
mezclamos con leite condensada |
extendemos cun rodelo |
fixemos a formas cun cortagalletas decoramos con chocolate poñendo a inicial do nome de mamá |
ata tivemos que catar para comprobar que estaban ben ricas! |
Agora só queda saber se as mamis lles gustaron ... de seguro que si!
PROFESIÓNS
Desta vez tocou o turno de Eduardo, o papá de Claudia de 4 anos B, que chegou á nosa aula para contarnos o seu traballo. Eduardo falounos na súa linguaxe, que é a de sinos, pero coma non entendiamos moito, unha interprete nos axudaba.
Contounos que fai traballos no ordenador para elaborar páxinas web, folletos, libros, ... na Federación Galega de Xordos. Mesmo gañou unha vez un concurso internacional!! Tamén facía teatro de mimos que lle gustaba moito. E ademáis ensinounos unhas poucas palabras en linguaxe de sinos. Tamén nos puxo unha peli de debuxos para que entenderemos un pouco mellor o que pode sentir un neno xordo.
Estivemos moi atentos e aprendimos cousas moi interesantes.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)