miércoles, 22 de junio de 2016

FESTA FIN DE CURSO 2016

UN NOVO CURSO CHEGA AO REMATE, HOXE FIXEMOS UN POUCO O INDIO ....ATA SETEMBRO!
















4 ANOS REMATA O PROXECTO DOS ALIMENTOS




Ata o derradeiro día do curso continuamos co noso proxecto: pedimos colaboración e os resultados superaron todas as expectativas! GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS
Todo rico, rico, rico ....comeron a fartar!!




martes, 21 de junio de 2016

5 ANOS VAI DE PICNIC EN INGLÉS

Coma todos os anos ao remate de 5 anos as profes de inglés fan algunha actividade especial, desta vez tocou un picnic no xardín do noso cole. Botamos de menos á profe Mila, pero a profe Isa máis as titoras e Mónica fixeron posible esta interesante actividade:    IT WAS DELICIOUS!!!!!




3 ANOS EN SANTA MARGARIDA

Logo de ter suspendida a saída a semana pasada, desta vez si que os de 3 puideron ir ao parque de Santa Margarida a realizar diversas actividades de "Rutas Urbanas": miraron o que hai no chan do parque (pedras, poliñas, follas, ...), observaron a climatoloxía, botaron ao lugar correspondente o lixo que por alí atoparon, ...aprenderon in situ:








martes, 14 de junio de 2016

PRÓXIMAS REUNIÓNS

O vindeiro día 23 de xuño ás 10,30 terá lugar unha reunión na biblioteca para os pais e nais dos alumnos novos que comezarán o próximo curso no cole (3 anos).

Así mesmo informamos de que a reunión de inicio de curso de infantil terá lugar o 7 de setembro.

jueves, 9 de junio de 2016

VISITA Á LAGOA DE EIRÍS

Os de 5 están que non paran estes días ...hoxe tocou o turno da lagoa de Eirís, unha saída de "veo,veo" organizada polo concello.
Aprenderon moitas cousas e o día resultou moi divertido: gustáronlle moito o xogo de pistas que fixeron para chegar ás diferentes zonas do parque, viron varios niños de diferentes paxaros, ...








miércoles, 8 de junio de 2016

EXCURSIÓN Á GRANXA O CANCELO

Pasamos unha mañá moi diferente e verdadeiramente estupenda:
A viaxe foi amena, ainda que queríamos chegar deseguida. Alí fixemos diversas actividades: visitamos a granxa, escoitamos as explicacións do coidado e ordeño das vacas, acariñamos os tenreiros, fixemos e probamos os batidos, participamos en varios xogos e tomamos un xeado, ademais das nosas merendas (en maior ou menor cantidade).
Á volta algún acabou durmido, pero outros tiñan aínda corda para máis: non querían marchar para a casa, fixéraselles curto!
xogos 3 anos



xogos 5 anos

xogos 4 anos
3 anos B
4 anos A


3 anos A
5 anos B




5 anos A

4 anos B
merenda






degustación 5 anos

degustación 3 anos

degustación 4 anos

merenda