Foron uns verdadeiros artistas!
viernes, 30 de septiembre de 2016
BENVIDO OUTONO!
O outono xa chegou e as nenas e nenos de 4 anos déronlle a súa benvida decorando con pintura e pincel algúns elementos típicos desta época do ano (follas, castañas, cogomelos...).
Foron uns verdadeiros artistas!
Foron uns verdadeiros artistas!
XOGAMOS AO BINGO EN 4 ANOS
As nenas e nenos de 4 anos estivemos xogando na clase ao Bingo das palabras.
Para isto, primeiro cada un de nós fixo as súas fichas con plastilina e despois tivemos que prestar moita atención ás imaxes que aparecían no noso cartón para ir colocando cada ficha sobre as imaxes correspondentes ás palabras que a mestra nos ía dicindo en alto.
Pouco a pouco, comezamos a cantar en alto as liñas que íamos facendo e, finalmente, dous compañeiros cantaron o bingo ao mesmo tempo:-)
Para isto, primeiro cada un de nós fixo as súas fichas con plastilina e despois tivemos que prestar moita atención ás imaxes que aparecían no noso cartón para ir colocando cada ficha sobre as imaxes correspondentes ás palabras que a mestra nos ía dicindo en alto.
Pouco a pouco, comezamos a cantar en alto as liñas que íamos facendo e, finalmente, dous compañeiros cantaron o bingo ao mesmo tempo:-)
lunes, 26 de septiembre de 2016
HOXE NO PATIO
sábado, 24 de septiembre de 2016
PSICOMOTRICIDADE

3 anos A (clase de Teresa).- MÉRCORES
3 anos B (clase de Mila).- LUNS
4 anos A (clase de Mª Carmen).- VENRES
4 anos B (clase de Paula).- LUNS
5 anos A (clase de Estrella).- MÉRCORES
5 anos B (clase de Rosa).- LUNS

Profe de Psicomotricidade: Ana Álvarez
viernes, 23 de septiembre de 2016
FIN PERIODO DE ADAPTACIÓN
Hoxe rematou oficialmente o periodo de adaptación.
A partir do luns 26 de setembro o horario será de 9 a 13:50h.
A medida de que pase a semana teremos menos tempo coas mestras de apoio, de ahí que sexa tan importante para nós que os nen@s sean cada vez mais autónomos. Non vos esquezades que agora van ao cole de maiores ...

PIOLLOS
Comezou o cole e, polo tanto, xa temos tamén connosco os piollos.
Revisade cabezas e facede os tratamentos necesarios porque .... habelos hailos!
Revisade cabezas e facede os tratamentos necesarios porque .... habelos hailos!
jueves, 22 de septiembre de 2016
USO DA BIBLIOTECA DO CENTRO
Hoxe comezamos con este servizo os da clase de Rosa: escoitamos moi atentamente as normas de uso da biblioteca, e como debemos cuidar os seus exemplares. Unha vez comprometidos a respetalas, cadaquén escolleu o seu primeiro libro que levar para a casa e poder así compartilo coa familia ....ibamos ilusionadísimos!
Esperamos que toda a familia se implique nesta nova actividade fundamental para fomentar o gusto pola lectura na que precisamente nos estamos a iniciar nesta idade.
miércoles, 21 de septiembre de 2016
XA ESTAMOS XUNTOS!
Despois dunha semaniña de conviviencia con compis e profis xa estamos empezando a facer moitas das actividades e rutinas que repetiremos ao longo do curso. Palabras como asemblea, merendas, encargado... empezan xa a soar nas nosas clases.
Mirade como traballamos e o ben que o pasamos!!
Mirade como traballamos e o ben que o pasamos!!
viernes, 16 de septiembre de 2016
NOVA MESTRA EN 3 ANOS
Dende onte temos unha mestra en prácticas que estará cos nenos de 3 anos ata Nadal. Chámase KATIA e xa estivo o curso pasado no noso cole.
A piques de rematar a primeira semana do período de adaptación os nen@s están cada día mais contentos no cole, moitos entran en fila e case non choran. Empezan a xogar xuntos e prestan atención a contos, cancións, poesías e diferentes actividades.













Suscribirse a:
Entradas (Atom)