viernes, 28 de octubre de 2016

Hoxe celebramos o Samaín, que noutros sitios lle chaman Halloween

Que chulo están os corredores do noso cole, e tamén bastante terroríficos...!!!

Monstros, princesas, bruxas, supérheroes... todo vale para decorar a nosa cabaza, pasar un bo rato en familia e agora decorar o cole e facer gozar da festa do Samaín a peques e maiores.


Expo Samaín 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Pero hoxe ademais, como día grande da festa, tivemos moitas sorpresas...


Deixámovos un vídeo coa canción que da nome a esta entrada para a poidades cantar en familia:



Moitas grazas a todas as familias por colaborar connosco na celebración deste día!

CONCURSO DE CABAZAS 2016

Os afortunados desta vez son:

3 anos A.- Nico
3 anos B.- Paula
4 anos A.- Catalina
4 anos B.- Xacobe
5 anos A.- Aitana B.
5 anos B.- Rubén T.

Cada curso resulta máis complicada a elección xa que presentades verdadeiras marabillas, ...pero hai que elixir só unha de cada aula, así que esta foi a decisión do xurado no que atañe a infantil.

Gracias a todos pola vosa implicación e participación!

jueves, 27 de octubre de 2016

Traballamos no Samaín

No cole estamos todos traballando moito para que o cole a festa do Samaín sexa arrepiante!!!

Mirade cantas cousas preparamos...

martes, 25 de octubre de 2016

A tope de clases!!

Xa levamos moito curso traballando e temos moitos profes e moitas clases distintas nas que xa estamos a pleno rendimento!!

Aquí podedes ver un exemplo do ben que o pasamos nas clases de psicomotricidade, informática, música, relixión, inglés...



Especialidades outubro - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Aproveitamos para recordarvos que os días que temos clase de psicomotricidade os peques veñan con roupa cómoda e o pelo retirado da cara, evitando gomas ou horquillas con adornos que poidan molestar para facer algún exercicio.

Moitas grazas familias!!

lunes, 24 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

Dende mañá martes ata o venres poderedes traer as vosas cabazas para participar no concurso deste ano. O mesmo venres podedes recollelas para levar á casa ou serán retiradas.
Tedes una explicación do xeito de baleiralas na páxina do SAMAÍN deste blog, ....e unhas cancións que vos poden inspirar!

Non se trata de que sexan espectaculares, é máis importante que os nenos participen e fagan eles a meirande parte do traballo. Deixade voar a imaxinación!!!

PETEIRO: PINTOR E ESCULTOR

Os de 5 anos traballamos ao pintor e escultor contemporáneo Jorge Peteiro, que foi veciño da nosa cidade.
Gustounos moito o seu traballo cheo de colorido e liñas moi marcadas nos debuxos. Recoñecemos moitas das paisaxes xa que nos resultaron familiares. E todos desfrutaron facendo cadansúa versión de unha pintura e unha escultura.




Enlace á páxina web: Jorge Peteiro

viernes, 21 de octubre de 2016

LECTURA

Aínda que non é obxectivo prioritario en infantil, os de 5 estamos a aprender a ler con múltiples e diversos recursos ...así é máis divertido!



Xa temos coñecido máis persoaxes do país das letras: o panadeiro "p", o leiteiro "l" e máis a señora da montaña "m", así que agora temos un montón de palabras que saberemos ler: pala, mapa, lupa, paloma, ... 

martes, 18 de octubre de 2016

OUTUBRO POR INGLATERRA

Os de 5 estamos a dar comenzo á nosa  viaxe dende Coruña ata Londres ...



 ... así que se tedes algún tipo de información ou algo que compartir conosco sobre INGLATERRA agora é o momento!   GRACIÑAS!

lunes, 10 de octubre de 2016

OUTONO EN 4 ANOS

En 4 anos estamos decorando as nosas aulas e corredores de outono, polo que nos gustaría que as familias tamén poidades participar nisto. 
Para isto, todos os nenos e nenas terán que traer á escola algún elemento propio desta estación, tal e como follas ou algún  froito (castañas, noces, landras, millo...), tendo en conta que, posto que entre as dúas clases somos moitos nenos e nenas, será dabondo con que cada un deles traia unha cantidade moi pequena disto (por exemplo, dúas ou tres noces).

Moitas gracias a todas e todos!

domingo, 9 de octubre de 2016

FACEMOS PLASTILINA

En 3 anos a caixa máxica  trouxo varios ingredientes:
FARIÑA, SAL, COLORANTE ALIMENTARIO, UNHA CULLER E UN VASO.

Falamos do que se podería facer con estes ingredientes e ao final decidimos que elaborar nós mesmos  "plastilina" sería moi divertido. Engadimos auga, misturamos, eleximos cor, amasamos e despois levamos para a casa.




      



Animádevos a facela na casa cos vosos fillos! 
É moi doado; 1 medida de fariña, 1/2 medida de sal e 1/3 da medida de auga. 

jueves, 6 de octubre de 2016

MASCOTAS EN 3 ANOS

A caixa máxica trouxo instruccións para atopar un "tesouro".  Buscamos pola rampa, no patio dos grandes, no noso patio, na casita, na árbore... 









 


Apareceu debaixo do tobogán.  Dentro había dúas monas cos seus monitos na espalda.
Despois chegou o momento de elexir o seu nome. Fixemos as nosas primeiras VOTACIÓNS e ao final en 3 anos A chámase  KIA e en 3 anos B  CACAHUETE










miércoles, 5 de octubre de 2016

CAMBIO HORARIO PSICOMOTRICIDADE EN 5 B

Os da clase de 5 anos B (Rosa) teremos a psicomotricidade os VENRES no lugar dos luns coma estaba ata o de agora debido a unha reorganización do horario.
Ás demais clases non lles afecta o cambio.

martes, 4 de octubre de 2016

A VOLTA AO MUNDO

Os de 5 anos xa estamos de viaxe ....imaxinario. Comezamos a nosa "volta ao mundo" dende A Coruña. Xa temos listos os nosos pasaportes e moita ilusión por comezar. Xa vos iremos informando de por onde andamos ... Boa viaxe!