lunes, 28 de noviembre de 2016

NADAL

PRECISAMOS ROLLOS DE CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO PARA FACER UNHA GRANDE ÁRBORE DE NADAL NO COLE, GRACIÑAS!

Xa estamos a comezar os nosos ensaios para o festival navideño deste ano.
En principio está previsto que teñamos o ensaio xeral para que podan vir as familias o martes 20 de decembro.
Os de 4 anos virán vestidos con pantalón vaqueiro e parte de arriba vermella así coma gorro tamén vermello.
Os de 5 anos virán co pixama de durmir (alomenos a parte superior).
Os de 3 anos non precisan nada, de momento.

AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN DO 22 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO

miércoles, 23 de noviembre de 2016

SHAKERS

Os de 5 levamos para casa os "shakers" que fixemos na clase de inglés coa profe Isa. Seguro que xa tedes escoitado o seu son ....


miércoles, 16 de noviembre de 2016

EDUCASAÚDE

Ao longo deste trimestre participaremos no Proxecto Educasaúde do que xa levaron os neno/as onte información ás familias.
Trátase dunha serie de obradoiros e charlas para pais/nais e neno/as na escola.

Velaí o calendario previsto:


Agardamos que vos resulten interesantes.

domingo, 13 de noviembre de 2016

TOMAMO-LO TÉ

Os de 5 rematamos a visita ao país de Philias Fogg degustando un té con pastas seguindo a tradición inglesa. Non eran as 5 da tarde, ...pero fixemos coma que si.

martes, 8 de noviembre de 2016

Celebramos a festa do Magosto

Un ano máis o Wences encheuse de fume, cheiro a castañas, xogos e moita, moita diversión!!!

Por que?? Porque o pasado venres celebramos a festa do Magosto!!

Pasámolo fenomenal participando nos diferentes xogos que tiñamos preparados e cos que  nos axundaron os nosos compis de 6º.

E para repoñer forzas despois de tanto esforzo, unhas riquísimas castañas asadas!!!


domingo, 6 de noviembre de 2016

CONSTRUCCIÓNS

Os de 5 B, despois de ver imaxes da ponte de Londres e falar sobre das diferentes pontes, puxémonos mans á obra e tentamos facer unha ponte con construccións de xoguete ...pero non resultou tan doado coma nos parecía nun principio! De todos xeitos, moitos conseguiron chegar a facer unha. Parabéns!


jueves, 3 de noviembre de 2016

Corre, corre cabaciña

Hoxe, para terminar coa celebración do Samaín ata o próximo curso, gozamos coa representación teatral do conto "Corre, corre cabaciña" a cargo dos compis maiores do cole.


O pasamos xenial escoitando a interpretación da historia e ademais terminamos bailando!!!



 Deixámovos un video coa canción do conto por si queredes bailar e cantar na casa:



Moitas grazas compis!!!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

O porta-castañas do Magosto

O venres 4 celebramos o Magosto no cole.
Para facilitar o traballo de pelar as castañas aos nosos pequen@s pedimos a vosa colaboración traendo ao cole un cestiño feito cun brick de leite.
Deixámosvos as instruccións por se non sabedes cómo facelo: