miércoles, 31 de mayo de 2017

SAIDA A SANTA MARGARITA

Os nenos e nenas de 3 anos visitaron o parque de Santa Margarita.
Cascanueces, o garda do parque, pideulles axuda para recoller mentras ía ao reloxeiro...
Repartidos en grupos foron ao estanque e escoitaron o conto da semente. Con lupas buscaron diferentes elementos para formar con eles un diseño orixinal. Organizaron obxectos segundo a súa utilidade cando vai calor, vento, choiva ou frío. Tamén axudaron a reciclar papel, cartón, plásticos e vidro.
Cascanueces quedou encantada coa axuda!!






  


Como podedes ver foi moito "traballo" pero disfrutaron un montón...

viernes, 26 de mayo de 2017

FESTA GALEGA

Entregáronse os premios polo concurso de marcapáxinas








Un éxito o noso festival, podedes comprobalo con esta pequena mostra:

3 ANOS: O GALO CANTA




4 ANOS: TOC, TIC, TOC




5 ANOS: FUN AO MERCADO
                                   








5 ANOS EN ESTADOS UNIDOS

Os de 5 remataremos a nosa andanza ao redor do mundo coa derradeira parada en Estados Unidos.


See you ...

miércoles, 24 de mayo de 2017

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

O vindeiro venres, con un pouco de retraso, imos conmemorar no cole o día das letras adicado este ano a Carlos Casares.
Os nenos e nenas actuaremos enriba do escenario e veremos aos nosos compañeros/as cantando, recitando, facendo teatro ou bailando todas aquelas pezas que temos preparado dende hai tempo con moita ilusión.
Desta volta só é para o alumnado do centro.
Como será un día especial e de festa podedes mandarlles a merenda tamén especial, ou sexa, non tan saudable coma de costume, para compartila cos compañeros/as.

OS ANIMAIS EN 4 ANOS

Nas aulas de 4 anos estamos traballando a temática dos animais e para finalizar a unidade fixemos un mural entre todos os nenos e nenas.


Esperemos que vos guste!

lunes, 22 de mayo de 2017

LEITUGAS

Hoxe en 3 anos plantamos leitugas na clase. Imos telas moi perto para coidalas e ver como medran. Adenáis  na terra veu un visitante inesperado, un verme pequeniño que vai axudar a que as nosas leituagas medren ainda mellor.
Son pequenas pero con terra, auga e sol seguro que a final de curso facemos unha boa ensalada!!!






sábado, 20 de mayo de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O venres levaron os alumnos/as unha circular a modo de consulta para poder facer unha previsión de cara á excursión prevista para o remate deste curso.
A intención é ir en tren ata Betanzos onde faremos uns xogos e tomaremos as nosas merendas, para coller de novo o tren de volta ao cole. O horario será o habitual dun día normal do curso.
O precio pode rondar os 8 euros, segundo o cálculo inicial, xa que teremos á nosa disposición o tren só para nós: en total somos 148 nenos e nenas acompañados por 12 profesores e profesoras.
En principio, falta confirmación por parte de Renfe, sería o día 21 de xuño.
É imprescindible que todos mandedes contestación o antes posible para unha óptima organización.
Moitas gracias.

martes, 16 de mayo de 2017

XARDÍNS MÉNDEZ NÚÑEZ

Esta preciosa mañá de maio os de 5 saímos ata os xardíns para facer actividades moi divertidas ao tempo que dabamos repaso a moito do aprendido cando comezamos a nosa viaxe aló por setembro deste curso traballando a nosa cidade, A Coruña.
Divididos en catro grupos rotamos polas catro zonas de actividade acompañados da nosa monitora:

  • Na escultura a Curros Enríquez buscamos varios detalles que nos ensinaron en fotografía. Tivemos que dar voltas ao seu redor para atopalos todos.
  • No palco da música fixemos diversos ritmos e tocamos instrumentos para converternos nós mesmos nunha verdadeira orquestra.
  • Diante do Kiosco Alfonso tivemos que traballar por parellas para decidir se o que nos dicían era falso ou verdadeiro axudados das imaxes. 
  • E ao carón da Terraza fixemos un xogo de buscar á parella para logo descobrir que todas as imaxes que nos unían andaban por alí moi preto de nós.




lunes, 15 de mayo de 2017

SORPRESA NA CAIXA DE CORREOS? ...SENÓN MAÑÁ

Os de 5 preparamos coa profe Isa unhas felicitacións moi especiais para comemorar o día da familia, hoxe 15 de maio. Especiais porque as fixemos en inglés e, sobre todo, porque han chegar dun xeito pouco habitual ....era un segredo! Non sabedes ben a ilusión que nos fixo!!







lunes, 8 de mayo de 2017

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

Esta mañá os de 5 tivemos unha sesión coa policía local para explicarnos como debemos ir pola rúa cando  facemos o camiño á escola ou andamos de paseo.
Despois da sesión explicativa no cole, fixemos unha experiencia práctica saíndo fóra do edificio para cruzar diversas rúas e mesmo parar o tráfico ao modo da policía.
Foi moi interesante e de seguro que imos lembrar moito mellor todo o que xa sabiamos.



domingo, 7 de mayo de 2017

PARA MAMÁ

Desta volta tocóulles o turno ás mamis. Traballamos con moito cariño e segredo para agradar ás nosas mamás ... de seguro que o conseguimos!

3 anos
4 anos


5 anos





 FELICIDADES MAMÁS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




jueves, 4 de mayo de 2017

SELLO (SÓLO PARA LOS DE 5)

OS ALUMNOS/AS DE 5 ANOS DEBEN TRAER AO COLE UN SELO DE CORREOS SEN USAR (50 céntimos) PARA UTILIZAR NUNHA ACTIVIDADE DE INGLÉS ANTES DO VINDEIRO XOVES.

GRACIÑAS