viernes, 29 de septiembre de 2017
GARDA CIVIL
Hoxe estivo en 5 anos B Ramiro, o pai de Pablo e Lucía, que traballa de garda civil e nos ensinou un montón de cousas que fan no seu traballo. Unha das que el realiza na investigación é a deteccción de "huellas dactilares", así que a nosa aula foi por un anaquiño unha boa escena para buscalas: todos íbamos encantados coas nosas para casa.
Foi moi interesante, graciñas!
jueves, 28 de septiembre de 2017
IT´S ENGLISH TIME!
Coma xa sabedes, os alumnos de infantil teñen dúas sesións de traballo en inglés semanais e que inclúen o tempo de merenda matutina. Os horarios ao longo deste curso serán:
As profes son Cloti (en 4 anos A e B e 5 anos A) e Isabel (en 3 anos A e B e 5 anos B).
3 anos A.- martes e venres
3 anos B.- luns e xoves
4 anos A.- mércores e venres
4 anos B.- luns e xoves
5 anos A.- martes e venres
5 anos B.- mércores e venres
As profes son Cloti (en 4 anos A e B e 5 anos A) e Isabel (en 3 anos A e B e 5 anos B).
CAIXEIRA
Esta mañá estivo cos de 5 anos Sonia, a nai de Aday, que nos veu explicar en que consiste o seu traballo coma caixeira nunha tenda de electrodomésticos que todos coñeciamos. Gustounos moito o que nos contou, o deubuxo que nos deixou para colorear e os caramelos que nos regalou. Ata poidemos probar a ser caixeiros/as e clientes!
Moitas gracias!!
miércoles, 27 de septiembre de 2017
CANTO NOS GUSTA LER!
Nun intento de dinamizar o momento do recreo, este curso habilitamos un espazo onde os nen@s poden achegarse á lectura compartida. Queremos así ofrecer outra actividade no momento do recreo e potenciar a interacción entre niveis, pois son eles quen "contan" ou "len" os libros aos mais pequenos.
Polo de agora é todo un éxito...
Polo de agora é todo un éxito...
lunes, 25 de septiembre de 2017
PROFESIÓNS
Os de 5 estamos a traballar as diferentes profesións e estaríamos encantadas de recivirvos na aula para que nos contedes cales son as vosas ... Animádevos!
domingo, 24 de septiembre de 2017
APRENDENDO A RESPIRAR
viernes, 22 de septiembre de 2017
PSICOMOTRICIDADE
A vindeira semana darán comezo as clases de psicomotricidade. Lembramos que deben vir con roupa e calzado adecuado (velcro), sen colgantes ou complementos cos que se podan facer dano.
O día que corresponde a cada curso é:
- 3 anos A: luns
- 3 anos B: martes
- 4 anos A: xoves
- 4 anos B: venres
- 5 anos A: mércores
- 5 anos B: luns
Así mesmo tamén comezarán as clases de inglés en todos os cursos (2 sesións semanais).
miércoles, 20 de septiembre de 2017
PROFES EN PRÁCTICAS
Ao longo deste trimestre acompañaránnos 3 profes máis no equipo de infantil: Jéssica estará en 5 anos A, Raquel en 5 anos B e Noelia (que xa estivo o curso pasado) en 4 anos A. Están a rematar os seus estudos no grao de educación infantil polo que farán as súas prácticas connosco. Así que seguro que escoitades falar delas ...
martes, 19 de septiembre de 2017
Xa estamos todos!!
Os peques do Wences estamos adaptándonos moi ben ao cole, aos novos compis, as profes... aínda botamos algunha bágoa que outra, pero cada día estamos máis e máis contentos!!
Nesta semana xa encontrámonos con todos os amigos e amigas da nosa clase e xa temos ratiños de traballo, de xogo, de merenda...
Xa vedes que ben o estamos pasando no cole!
Que vos contan na casa?
Nesta semana xa encontrámonos con todos os amigos e amigas da nosa clase e xa temos ratiños de traballo, de xogo, de merenda...
Xa vedes que ben o estamos pasando no cole!
Que vos contan na casa?
jueves, 14 de septiembre de 2017
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Os pequerrechos do cole están a seguir o seu proceso de adaptación, algúns con máis éxito que outros, pero xa todos moito mellor que o primeiro día. Xa fixemos unha morea de cousas, mirade:
martes, 12 de septiembre de 2017
COMEZAMOS!
O primeiro día de curso sempre é especial: reencontrarse cos compis, coñecer á profe ou voltar a vela, cambiar de aula ou ver as novidades na que xa tiñamos, .... moitos nervios que ao longo da mañá foron pasando.
Os de 4 e 5, que xa somos veteráns, xogamos no noso renovado patio:
Os de 4 e 5, que xa somos veteráns, xogamos no noso renovado patio:
lunes, 4 de septiembre de 2017
BENVIDA AO CURSO 2017/2018
Comezamos un novo curso coa REUNIÓN PARA PAIS/NAIS que terá lugar o vindiero mércores día 6 ás 10 da mañá.
Será coa titora correspondente na propia aula:
Aulas de 3 anos .- edificio infantil, piso inferior
Aulas de 4 anos.- edificio infantil, piso superior
Aulas de 5 anos.- edificio grande, entrando á dereita
Pódese acceder pola entrada principal do centro ou pola porta do patio de infantil.
Na medida do posible traede xa o material do alumnado metido nunha bolsa co nome por fóra, graciñas!
SEMPRE QUE SEXA POSIBLE, NON VEÑADES ACOMPAÑADOS DOS NENO/AS XA QUE ESTE ANO AS PROFES DE APOIO NON SE PODERÁN FACER CARGO DELES.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)